ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / Asina! Re-matemos Altri e a mina de Touro

Do 26-03-2026 ao 26-06-2026

Asina! Re-matemos Altri e a mina de Touro

As plataformas Ulloa Viva, Mina Touro-O Pino Non e En defensa da ría de Arousa, en colaboración cos demais colectivos e entidades implicadas na loita -entre elas, ADEGA-, impulsan unha campaña de recollida de sinaturas para re-matar a celulosa de Altri e a mina de Touro-O Pino. 

Esta campaña consiste na presentación dunha carta dirixida directamente ao presidente da Xunta de Galiza, Alfonso Rueda, para que, no exercicio das súas competencias, convoque un Consello da Xunta e proceda a denegar definitivamente, e posteriormente arquivar, o proxecto de Altri en Palas de Rei e o de Cobre San Rafael para a reapertura da Mina de Touro-O Pino.

Como asinar?

Se ti tamén queres esixir a fin definitiva destes proxectos, debes presentar este escrito mediante rexistro físico ou electrónico. 

Rexistro físico: descarga o escrito, imprímeo, cumpriméntao cos teus datos e entrégao en calquera rexistro (Concello, Xunta, Subdelegación do Goberno...).

Rexistro electrónico:

  1. DESCARGA o modelo de escrito no teu ordenador e cumpriméntao cos teus datos.
  2. Entra na sede electrónica da Xunta, dálle a “área privada” > “carpeta persoal” e identifícate
  3. Accede a trámites > solicitude xenérica (PR004a) > tramitar en liña
  4. Acepta os avisos que aparecerán en xanelas emerxentes
  5. Comproba os datos xa cubertos, escribe os que faltan e escolle o medio de notificación (electrónico). En “Asunto” escribe o nome do escrito. En “Expón” escribe “ver documento apegado”. En “Solicita” escribe “que se teña en conta esta solicitude”. En “Documentación que se presenta” escribe “solicitude de arquivo” no primeiro cadro.
  6. Selecciona o destinatario; neste caso: Presidencia. Unidade destinataria: Secretaría Xeral da Presidencia.
  7. Dálle a continuar e anexa o documento de solicitude (ollo! o nome do arquivo non debe conter acentos)
  8. Dálle a continuar e comproba que o teu documento está anexado correctamente.
  9. Asina e envía!
Se queres que a túa solicitude se sume ao reconto final de peticións, remite o xustificante da presentación ou simplemente indícao no correo plataformaulloaviva@gmail.com.

Ligazóns

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal