ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / Proxeccións na Coruña do documental...

Do 19-02-2026 ao 04-05-2026

Proxeccións na Coruña do documental "A Terra por Gañar"

A Coruña acollerá varias proxeccións do documental de ADEGA "A Terra por gañar" nas vindeiras semanas e meses. Terán lugar en distintos lugares da cidade coa colaboración de colectivos veciñais e culturais. Estas son as datas:

  • Xoves, 19 de febreiro 20:00 h - AVV Agra do Orzán (Rúa Entrepenas, nº 38, soto)
  • Xoves, 26 de febreiro 19:30 h - AAVV das Atochas - Monte Alto - A Torre (Parque de Marte, S/NA Coruña)
  • Mércores, 8 de abril 19:00 h - AC Alexandre Bóveda (Rúa San Andrés, Nº 36, 1° andar)
  • Luns, 04 de maio 19:00 h - Forum Metropolitano (Rúa Río de Monelos, Nº1)
A entrada é de balde e despois de cada proxección haberá un coloquio con persoas destacadas do ecoloxismo coruñés, que falarán en primeira persoa da súa experiencia na defensa da Terra.

O encontro do 8 de abril contará cun coloquio posterior a cargo de Alberte Sánchez, ex-secretario xeral de ADEGA. 

A terra por gañar, unha historia do ecoloxismo galego

“A Terra por gañar” é un documental que narra a historia da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) dende a súa fundación en 1974. Un relato guiado por voces destacadas da organización que ofrece unha mirada profunda ao impacto do movemento ecoloxista galego, ás agresións ambientais sufridas dende o inicio da sociedade industrial e a un presente de loita no que os conflictos locais tornaron en desafíos globais.

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal