ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / Xornada de eliminación de invasoras no...

21-11-2023

Xornada de eliminación de invasoras no Río Tambre

ADEGA continúa coas actividades de xestión e control de flora exótica invasora no marco do Proxecto Fluviatilis. A próxima actuación terá lugar no río Tambre, ao seu paso polo Concello de Ames. Será en sesión de mañá o próximo martes, 21 de novembro.

A actividade está encamiñada a eliminar a Tradescantia fluminensis - especie invasora que está afectando de forma incipiente diferentes especies de fieitos e flora ameazada presente no Catálogo Galego de Especies Amenazas-, nun espazo de elevado valor ecolóxico como é o Río Tambre.

Ademais, a xornada permitirá establecer un marco operativo e seleccionar as metodoloxías máis adecuadas para abordar futuras actuacións de eliminación e restauración.

Para acudir, precísase inscrición previa no siguiente correo electrónico: pacobanhobre@adega.gal. Anímate!

O programa é o seguinte:

9:30h. Recepción do voluntariado no punto de encuentro, do que se informará a cada persoa unha vez recibida a súa solicitude de asistencia.
9:45h. Introdución á problemática das EEI nos ecosistemas fluviais.
10:00h. Desprazamento á zona de traballo no río.
10:15h. Toma de medidas na zona de traballo e selección da metodoloxía de eliminación.
10:30h. Eliminación de T. flumiensis
12:30h. Descanso
13:00h. Recollida dos restos eliminados e avaliación da actuación.
14:00h. Fin da xornada


Proxecto Fluviatilis

As actividades, tanto de xestión e control de EEI como de educación ambiental, sensibilización e voluntariado dirixidas a diferentes públicos, son unha das propostas do proxecto Fluviatilis, que conta co apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto. Demográfica (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU.

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal