ADEGA

Inicio / Axenda / Almanaque / Exposición sobre Especies Exóticas...

Do 28-04-2023 ao 31-05-2023

Exposición sobre Especies Exóticas Invasoras no IES Cidade de Antioquía

A exposición 'Unha invasión silenciosa. A biodiversidade baixo ameaza' de ADEGA viaxa ata o IES Cidade de Antioquía, en Xinzo de Limia, para mostrar ao alumnado a problemática que supoñen as Especies Exóticas Invasoras para os ecosistemas fluviais.

Ademais dunha visita guiada pola mostra, a asociación tamén organiza no marco do Proxecto Fluviatilis unha saída ao río na que analizar o seu estado e identificar de primeira man estas especies presentes nel.

As actividades de sensibilización e educación ambiental dirixidas a diferentes públicos, entre eles centros de ensino, son unha das propostas do Proxecto Fluviatilis no que participa ADEGA, que ten como obxectivo concienciar sobre as ameazas que sofren os ríos e fomentar actitudes responsables cos ecosistemas fluviais.

Este proxecto conta co apoio da Fundación Biodiversidade do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU.

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal