ADEGA

Inicio / Axenda / ADEGA / Xornadas de eliminación de invasoras e...

Do 11-02-2023 ao 12-02-2023

Xornadas de eliminación de invasoras e plantación de árbores autóctonas

'Cousa de Raíces', a campaña a prol da defensa do bosque autóctono de Galiza promovida por máis de 70 entidades de todo o país, organiza unha acción simultánea Mirando polos nosos bosques para a fin de semana do 11 e do 12 de febreiro.

Trátase dunhas xornadas de eliminación de invasoras e de plantación de árbores autóctonas que terán lugar en Friol, Agolada e Cerdedo-Cotobade o sábado; e en Ames e Cangas do Morrazo o domingo.

Así, o sábado, día 11, farase unha plantación de árbores autóctonas no concello de Friol, e dúas deseucaliptizacións, unha no concello de Agolada e outra no concello de Cerdedo-Cotobade, esta última organizada polo proxecto de custodia do territorio O Couto da Eirexina, que buscará continuar coa restauración ambiental dos montes de Rebordelo.

Xa o domingo, día 12, as accións consistirán nunha eliminación de invasoras no concello de Ames e nun roteiro para gozar dos bosques atlánticos que aínda resisten no concello de Cangas do Morrazo, da man da Comunidade de Montes Veciñais de Man Común de Coiro.

Participa! Todos os detalles en cousaderaices.org

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal