ADEGA

Inicio / Axenda / Almanaque / Lotería de Nadal ADEGA

22-12-2022

Lotería de Nadal ADEGA

Xa está á venda a Lotería de Nadal de ADEGA para o ano 2022. Este ano xogamos o Nº 37200.

O recadado a través da venda das participacións irá destinado a apoiar o labor de defensa ecoloxista do país por parte de ADEGA.

Como noutras ocasións, as participacións son de 5 euros, dos que 1 euro estará destinado a contribuír ao desenvolvemento da actividade de ADEGA. Así pois, xogarase 4E en cada participación no sorteo de Nadal do 22 de decembro de 2022.

Cada talonario contén 25 participacións.

Poderás adquirila presencialmente na sede principal de ADEGA en Santiago de Compostela (Avenida Castelao, 20 Baixo), de luns a venres en horario de mañá, ou através das delegacións de ADEGA.

Consegue as túas participacións o antes posible. Non quedes sen ela!

Colabora na venda de lotaría de ADEGA

Así mesmo, se queres contribuír con ADEGA na venda de participacións da Lotaría de Nadal, terás que acudir á sede principal ou aos locais de delegación de ADEGA para recoller os talonarios, tras previa chamada para efectuar a reserva.

Máis información: adega@adega.gal, tfno 981570099.

Que haxa sorte!
Grazas por participar.

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal