ADEGA

Inicio / Multimedia / CernaTV /

CERNA TV

Mesa redonda: Os impactos dos proxectos eólicos na socioeconomía

Terceira mesa redonda do Ciclo de palestras "Proxectos eólicos e os seus impactos na Galiza" dedicada aos impactos sobre as actividades económicas preexistentes e os montes veciñais en ma común. Nesta mesa que terá lugar o vindeiro mércores, 19 de maio, ás 19:30 horas, participarán:
- Xavier Simón do Observatorio Eólico de Galicia (OEGA)
- Margarita Camba de Bierzo Aire Limpo
- Xose Alfredo Pereira da ORGACCMM
- Victoria Fernández-Armesto da Casa Grande de Xanceda
Modera: Froilán Pallín, ADEGA.

Eventos Ver máis

Mesa redonda con colectivos de afectadas/os por proxectos eólicos

ADEGA dedica a seguinte mesa redonda do Ciclo de palestras sobre "Proxectos eólicos e os seus impactos na Galiza" aos colectivos e plataformas de afectados/as que están a xurdir en Galiza para intentar parar esta enxurrada de parques eólicos.

A sociedade galega está a reaxir na defensa do territorio. Cada vez son máis os particulares e as comunidades veciñais ou locais que alzan a súa voz en contra deste modelo de implantación eólica. Con este propósito, naceron nos últimos meses numerosos colectivos, redes e plataformas de afectados/as que tamén estarán representadas neste Ciclo a través de:
- Carlos Penedo, Rede Galega por Un Rural Vivo.
- Alexandre Cendón, Asemblea do Suído.
- Araceli Macías, Rural Mutante.
- Ariadna Fernández, veciña afectada polos eólicos de Lalín.
- Modera: Belén Rodríguez, ADEGA.

Mesa redonda: Impactos dos proxectos eólicos sobre a Biodiversidade

ADEGA promove o Ciclo de mesas redondas sobre "Proxectos eólicos e os seus impactos na Galiza". A través destas mesas de debate e reflexión pretendemos analizar desde diferentes puntos de vista os impactos que poderían carrexar ao noso territorio a invasión eólica que estamos a sofrer e que carece dunha planificación axeitada. O vindeiro mércoers, 12 de maio, ás 19:30 horas acode á segunda cita do ciclo destinada a analizar os impactos sobre a Biodiversidade. 
Participarán neste encontro:
- Óscar Rivas, Sociedade Galega de Ornitoloxía (SGO).
- Roberto Hermida, Morcegos de Galicia.
- Óscar Chao, Proxecto Rebinxe.
- Emilio de la Calzada, Plataforma en Defensa da Cordilleira Cantábrica.
Modera: Lucía Anido, ADEGA.

Charla na UNED: Ecoloxía na cidade: 1. O lixo.

Mesa redonda na que participa ADEGA para abordar a problemática da xeración e xestión do lixo nas cidades, concretamente na cidade de Lugo e solucións como as desenvoltas na cidade de Vitoria-Gasteiz e a vila de Allariz.

Conversas co Ecoloxismo Ver máis

Conversas co Ecoloxismo: Fernando Cobo Gradín

O director da Estación de Hidrobioloxía do Encoro do Con (EHEC) fala do estado ecolóxico dos ríos galegos (min 00:40); a xestión da auga fronte o cambio climático (07:43); a nova lei de pesca fluvial (18:20); a concepción cidadá dos ríos (25:00) e as actuais liñas de investigación da EHEC (33:10).

Non queremos unha herdanza envelenada

Documental Ver máis

O lobo en Galiza, ameaza ou patrimonio?

Nesta produción de Nós Televisión analízase a figura do lobo como símbolo na cultura popular galega. Recentemente, a Comisión Estatal para o Patrimonio Natural e de Biodiversidade aprobou incluír ao lobo na Lista de Especies Silvestres en Réxime de Protección Especial. Que suporía esta decisión? Como é recibido no rural galego? A relación coa contorna natural está marcada pola precariedade? Afondamos na figura do lobo en Galiza e as posibilidades dun rural digno e vivo. ADEGA achega tamén a súa opinión a través de Fins Eirexas, secretario técnico da organización.

Dor e gloria da terra

Vídeo elaborado por ADEGA Lugo, gañador do Premio Isidro Novo á mellor linguaxe literaria no 2º certame de videocreación Lugo Cultural 2020.

UNED Lugo

ADEGA participa no programa "NturalMente" da UNED de Lugo con diversos proxectos de educación ambiental, como Proxecto Ríos, compostaxe ou fogares verdes.

Vídeo-Denuncia Ver máis

Non ao Plano Forestal do PP- Concentración 23F

Máis de 50 colectivos, entre eles ADEGA, convócate a unha Concentración diante do Parlamento Galego o vindeiro 23 de Febreiro, día no que se aprobará o novo Plan Forestal do PP. Un plan que aspira a aumentar aínda máis a superficie de eucalipto de aquí a 2040, que deixa o monte galego sen futuro, relegado á produción de madeira de baixa calidade, á mercede dos lumes forestais, sen biodiversidade e vulnerable fronte o cambio climático. Reclamamos outro Plan Forestal que procure un monte con futuro!

I Manifestación dixital

Contra os parques eólicos abusivos en Galiza e a prol dunha transición xusta, a moratoria aos novos parques eólicos e un novo plan eólico que preserve a biodiversidade, a augas, a paisaxe e a xente no rural.

#RedeGalegaporUnRuralVivo
#AldeasConHorizonte

Aquí Non! Por unha transición enerxética compatible coa biodiversidade e a paisaxe

Este vídeo, impulsado pola Plataforma na Defensa da Cordilleira Cantábrica, forma parte da campaña «Aquí No», respaldada por ADEGA e por outras 102 organizacións de toda a cornixa cantábrica.

Titoriais Ver máis

Eco-ideas ADEGA: Como separar en orixe os cartóns de leite

Os cartóns ou "brick" de leite están compostos de diferentes materiais que poden facernos dubidar sobre cal é colector correcto no que desbotalos cando se converten en lixo. Eis a solución, no sistema de xestión do lixo maioritario en Galiza, o de Sogama....

Eco-ideas ADEGA: Como facer plastilina natural na casa

#EuFicoNaCasaConADEGA
Crea e fai a túa propia plastilina na casa, máis ou menos dura, segundo as túas preferencias e das cores que
queiras! Un método moi sinxelo para que nunca falte plastilina biodegradable no fogar. Tamén podes descargar a receita aquí: bit.ly/2Kj1iDV

Eco-ideas ADEGA: A lentella flotante

#EuFicoNaCasaConADEGA
A nosa amiga Inés ofréceche unha nova Eco-idea da súa colleita: a lentella flotante! Aprenderás con ela a cultivar plantas flotantes a
partir de sementes de lentella. Non che parece fascinante?

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal