Revista CERNA

Inicio / Números anteriores / CERNA Nº 81 - Emerxencia...

Verán 2019

CERNA Nº 81 - Emerxencia climática

Artigos da revista CERNA Nº 81

Living River: coidando e protexendo a vida e cultura ao redor dos ríos e regatos

Itziar Díaz Feijóo

Páx. 33

O Linving River é un proxecto internacional financiado polo programa europeo de Erasmus+ que pretende dar relevancia a nivel científico e pedagóxico ao coidado dos ríos e ao seu papel nos eidos social e cultural. Actualmente, os sistemas fluviais son dos ecosistemas máis degradados do planeta, carrexando consigo a perda de biodiversidade. Mais, tamén, a súa degradación leva asociada a perda dunha serie de estruturas, actividades culturais e sociais, e incluso xogos, que van esmorecendo. O estudo e a concienciación sobre os ríos e regatos e o intercambio cultural son as chaves para acadar os obxectivos do Living River, no que participa Galiza a través de ADEGA e do IES Ribeira de Louro.

O enfinxe colibrí e o érbedo

Xosé Salvadores e Marga Miguens

Páx. 34-35

Todos son alifafes!, é como titula Xosé Salvadores o seu conto do tío-vivo dedicado ao declive dos insectos. Marga Miguens dedícalle este número ao Arbustus unedo ou érbedo.

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal