Inicio / Números anteriores / CERNA Nº 77 - Abonda xa de...
Páx. 24-26
Depois duma longa luta de ADEGA de mais de 8 anos, a Xunta acorda declarar BIC na categoria de Monumento e abre a ex-posição publica o expediente relativo a Cova Eirós. Um fito a celebrar, mas a luta continua e ADEGA xa apresentou alegaçõesao projeto visando a sua melhora.
Páx. 27-29
A xestión pública dos residuos debe considerarse unha responsabilidade para acadar bos resultados ambientais e económicos, obxectivoao que o Concello de Allariz ven prestando atención nos últimos dous anos. Trátase de acadar resultados económicos e tamén de evitaro malgasto de recursos por depositarmos a maior parte do lixo no colector verde para o seu tratamento en SOGAMA. “RE” trata deREcuperar vellos usos, RExenerar o noso entorno e REiniciar novos procesos. Para o asesoramento neste proxecto establecéronse sendosconvenios de colaboración coas Universidades de Vigo e A Coruña, e coa implicación directa da Asociación ecoloxista ADEGA.
Páx. 30
Cerdedo é un concello da provincia de Pontevedra de aproximadamente 80 km 2 e 1.780 habitantes. Conta cun ámbito maioritariamenterural cun pequeno núcleo urbano. Nestas condicións iniciouse en marzo de 2016 a primeira fase do proxecto de reciclaxe e compostaxe.En setembro dese ano, Cerdedo fusionouse con Cotobade, estendéndose tamén o proxecto a este concello, e ampliándose nunha segundafase que comezou en marzo de 2017. Os datos achegados neste artigo son os resultados da primeira fase.
Páx. 31-33
ADEGA elabora un informe sobre a situación e a conflitividade do lobo en Galiza que trata de desmentir determinados mitos e crenzas falsas que atinxen a esta especie única e emblemática na Península Ibérica, como a súa suposta sobrepoboación no noso territorio, a necesidade das batidas, ou a influencia económica dos seus ataques no sector gandeiro galego. O documento tamén sinala solucións para evitar o conflito social xerado e o discurso “antilobo”. Entrevistamos ao principal autor do informe, Martiño Nercellas, biólogo e Vogal de Biodiversidade en ADEGA.
Páx. 34-35
Preguntamos ás voceiras e voceiros parlamentarios que opinan sobre a situación actual do lobo en Galiza e sobre as propostas que fan para mellorar a súa xestión e evitar a conflitividade.
Páx. 36-39
Actualmente, en Galicia pódense observar tres especies de aves necrófagas, todas elas pertencentes á Familia Accipitridae(Orde Falconiformes). Dúas delas, o voitre leonado (Gyps fulvus) e o voitre negro (Aegypius monachus), non son reprodutorasa día de hoxe, e compórtanse como especies dispersivas ou migrantes en territorio galego. O voitre branco (Neophron perc-nopterus), pola contra, si é reprodutora estival, se ben é moi escasa e as súas áreas de nidificación están moi localizadas enGalicia. O incremento da presenza dos voitres negro e leonado no noso territorio e a delicada situación de conservación anivel mundial do voitre branco fan necesaria unha revisión do seu estatus de conservación legal en Galicia, así como a apli-cación de medidas activas de conservación e avaliación da evolución destas tres especies.