Revista CERNA

Inicio / Números anteriores / CERNA Nº 86 - Especial Vaga...

Inverno 2021

CERNA Nº 86 - Especial Vaga eólica II

Artigos da revista CERNA Nº 86

Zosteco: Proxecto participado para a xestión sustentábel da Enseada de San Simón

Emilio Fernández, Carlota Barañano, Gonzalo Méndez, Jone Molina, Aida Ovejero, Jesús Troncoso, Pablo Urbieta e Sebastián Villasante

Páx. 23-26

roxecto ZOSTECO “Conservación das pradarías de Zostera no noroeste da Península Ibérica: unha investigación baseada na cartografía participativa de usos e servizos ecosistémicos” xurdiu coa vontade de combinar o coñecemento académico e o tradicional e así dar resposta á necesidade de conciliar a preservación dos hábitats da Enseada de San Simón coas diferentes actividades humanas que se desenvolven na área de estudo.

"Riqueza nacional e benestar social. Máis desenvolvemento con menos crecemento"

Crítica de Manuel Soto ao libro de Albino Prada Blanco

Páx. 27-28

"Riqueza nacional e benestar social. Máis desenvolvemento con menos crecemento". O obxectivo principal do libro foi o de proxectar un roteiro válido en escala mundial sobre que nivel de crecemento é compatible coa sustentabilidade global do planeta ao par dunha inclusividade e desenvolvemento sociais satisfactorios. O autor, Albino Prada, é doutor en Ciencias Económicas pola USC e profesor de Economía Aplicada na Universidade de Vigo. Presentamos neste artigo un resumo dos seus contidos, xunto cunhas pinceladas críticas.

A contaminación plástica dos nosos mares e océanos. Unha visión desde Galiza

Jesús Gago Piñeiro

Páx. 29-30

Nos úlltimos anos a comunidade científica internacional alertou sobre a problemática ambiental relacionada co aumento dramático da entrada e persistencia de materiais plásticos no medio mariño. A presenza de plásticos no ambiente é algo habitual. Basta dar un paseo por calquera praia ou paraxe natural para atopalos en diversas formas e tipos, desde botellas de auga ata bolsas.

Principais resultados do proxecto 1MARDEALOSAS

David José Nachón, Rufino Vieira-Lanero, Sandra Barca Bravo, Alejandro Pico, María del Carmen Cobo e Fernando Cobo

O sábalo e a saboga son dúas especies migratorias anádromas, con reprodución fluvial e fase de crecemento mariño, onde pasan a meirande parte da súa vida. A pesares da importancia desta fase, aínda se descoñecen moitos aspectos, como de distribución bioloxía e ecoloxía. Para paliar este déficit xorde o proxecto 1MARDEALOSAS.

A diversidade de aves ao longo de 37 anos no Courel

María Losada, Luis Salaverri, José Guitián e Mar Sobral

Páx. 35

As aves son excelentes indicadores de biodiversidade porque as tendencias das súas poboacións son moi sensibles aos cambios ambientais. O estudo do artigo explora como a diversidade de aves cambiou entre 1977 e 2014, en 5 sitios das montañas do Courel. Atopa que o número de especies de aves non cambiou despois de 37 anos, aínda que oito especies variaron na súa abundancia. Así, o estudo amosa que as aves poden manterse en áreas naturais ben conservadas.

Des-vía Ártabra

Ángel Amancio Sotillo Aragunde

Páx. 36-37

Vaia por diante, e quede claro dende o principio, que non son técnico, mais si me considero unha persoa cun pouco, bastante, sentido común... Fai anos, moitos anos, nunha remota comarca de Galiza, deseñouse unha folla de ruta para planificar e vertebrar o territorio e a mobilidade, tanto pública como individual. Un obxectivo que podemos, e debemos, definir como de bases ecolóxicas.

Revista CERNA
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal