Revista CERNA

Inicio / Números anteriores / As denuncias contra o eucalipto ilegal chocan contra a...

As denuncias contra o eucalipto ilegal chocan contra a Administración

ADEGA-Lugo

CERNA Nº 77 - Abonda xa de eucalipto!

Páx. 10-13

No último ano e medio, ADEGA mantivo unha constante e frenética actividade de denuncia de plantacións e talas ilegais que nos últimos tempos están a proliferar descontroladamente en todo o país. Destaca a provincia de Lugo con máis casos de irregularidades, potenciados posibelmente polo anuncio da Xunta do polémico “Decreto do eucalipto” que, en teoría, pretende limitar as novas plantacións coa variedade nitens en preto dunha ducia de concellos lucenses. Porén, o único que conseguiu até o momento este decreto foi un efecto rebote ou de protesta que discorre en dirección totalmente contraria ao obxectivo para o cal supostamente está concibido. O resultado das 300 denuncias que ADEGA-Lugo presentou no último ano e medio indica que a Xunta non ten vontade de facer cumprir a lexislación actual de montes e, moito menos, de limitar o eucalipto no territorio galego.

Revista CERNA
Travesa de Basquiños, nº 9 baixo. 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:cerna@adega.gal
Edición: Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: cerna@adega.gal