Inicio / Números anteriores / Vaca de leite en gandaría ecolóxica, serve calquera?
CERNA Nº 81 - Emerxencia climática
Páx. 27-28
A elección da raza de gando vacún para producir leite en ecolóxico debe facerse en función do sistema produtivo e do obxectivo de produción, pois a interacción GxE, que se explica a continuación, xoga un rol fundamental que fai que os animais altamente produtivos en convencional intensivo, non sexan os máis adecuados para a produción ecolóxica.