<![CDATA[Podcast Radio Cerna]]> http://adega.gal/web/radiocerna/ gl http://adega.gal/web/radiocerna/images/logo_radio.png <![CDATA[Radio Cerna]]> http://adega.gal/web/radiocerna/ no Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país. O espazo dura uns 10 minutos e actualízase todos os días de luns a venres. <![CDATA[Boletín informativo ambiental 18/07/24]]> http://adega.gal/web/radiocerna/programa.php?idioma=gl&id=1149 Thu, 18 Jul 2024 12:00:00 +0200 no Boletín informativo ambiental 18/07/24 O Tribunal de Xustiza da Unión Europea emite unha resolución en materia de emisións industriais que podería ter efecto sobre a instalación de Altri. ADEGA consegue a paralización cautelar do proxecto eólico Serra do Furco nos Ancares. No mar, o Tribunal Supremo rexeita o recurso do sector pesqueiro contra os plans do Estado para a eólica mariña. A veciñanza de Lugo está en pé de guerra contra o proxecto de instalación dunha planta de biometano no monte veciñal de Coeses. Isto e máis, en Radio Cerna! <![CDATA[Boletín informativo ambiental 05/07/24]]> http://adega.gal/web/radiocerna/programa.php?idioma=gl&id=1148 Thu, 04 Jul 2024 12:00:00 +0200 no Boletín informativo ambiental 05/07/24 Rueda nega unha reunión á veciñanza da Ulloa sobre a macrocelulosa de Altri e volve cargar contra as persoas manifestantes. No medio do debate polos impactos de Altri, Ence emite un comunicado coas supostas vantaxes ambientais da planta de reciclado de fibras téxtiles que quere implantar nas Pontes. Ence, Altri... e polo medio, unha Galiza que concentra máis da metade do eucalipto do Estado, segundo un estudo da USC e UVigo. Ademais, a Eira da Xoana de ADEGA, Mariña Patrimonio e a Irmandade Santo Estevo acadan os 6.000 euros necesarios para preservar e protexer a parcela histórica de Santo Estevo de Ermo na Mariña. Isto e máis, en Radio Cerna! <![CDATA[Boletín informativo ambiental 28/06/24]]> http://adega.gal/web/radiocerna/programa.php?idioma=gl&id=1147 Thu, 27 Jun 2024 12:00:00 +0200 10:00:00 no Boletín informativo ambiental 28/06/24 O proxecto de Altri en Palas provocará danos irreversibles sobre flora única no mundo. ADEGA e investigadores da USC rexeitan a instalación desta macrocelulosa e piden ás institucións galegas, españolas e europeas que defendan o patrimonio natural. A Xunta de Galiza prepara unha nova lei para simplificar a normativa de tramitación ambiental e tamén declara proxecto industrial estratéxico a mina de Cobre San Rafael no Pino e Touro. En materia eólica, a plataforma Eólicos no Morrazo NON denuncia que máis do 80% das mámoas rexistradas no Morrazo están ameazadas polos polígonos eólicos proxectados. <![CDATA[Boletín informativo ambiental 21/06/24]]> http://adega.gal/web/radiocerna/programa.php?idioma=gl&id=1146 Thu, 20 Jun 2024 03:03:00 +0200 10:00:00 no Boletín informativo ambiental 21/06/24 Bruxelas alerta o Estado español de que debe evitar a deterioración do encoro de Portodemouros que abastecerá a macrocelulosa de Altri en Palas de Rei. A Facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago de Compostela fai público o seu rexeitamento á factoría e adhírese ao manifesto en defensa da flora e fauna ameazada por Altri. A Xunta de Galiza oculta desde xaneiro a solicitude dun novo megaproxecto mineiro en Touro. O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza acorda a suspensión cautelar de 49 proxectos eólicos no que vai de ano. Isto e máis, en Radio Cerna! <![CDATA[Boletín informativo ambiental 14/06/24]]> http://adega.gal/web/radiocerna/programa.php?idioma=gl&id=1145 Thu, 13 Jun 2024 04:26:00 +0200 10:00:00 no Boletín informativo ambiental 14/06/24 Chamado a rodear a Xunta contra a macrocelulosa de Altri o próximo domingo, 30 de xuño. A Xunta aproba a utilidade pública do proxecto eólico Neboada, que ADEGA recorreu e solicitou a súa paralización cautelar no TSXG. Ademais, o tribunal galego anula o permiso da Xunta á única mina de coltán de Europa, en Viana do Bolo. A Fundación Eira da Xoana, Mariña Patrimonio e a Irmandade Santo Estevo de Ermo procuran fondos para recuperar e protexer un espazo privilexiado na Mariña. <![CDATA[Boletín informativo ambiental 07/06/24]]> http://adega.gal/web/radiocerna/programa.php?idioma=gl&id=1144 Thu, 06 Jun 2024 04:07:00 +0200 10:00:00 no Boletín informativo ambiental 07/06/24 O Día Mundial do Medio Ambiente en Galiza estivo atravesado pola loita social contra Altri e a vaga eólica, e pola petición de ampliación e mellora urxente da xestión da Rede Natura. ADEGA lanza unha nova campaña de recadación solidaria para frear un polígono eólico na Terra Chá que ameaza o millafre real, unha ave en perigo de extinción. Ademais, un estudo a nivel europeo deita luz sobre a explotación laboral que sofren milleiros de persoas migrantes no sector da agricultura, tamén no Estado español e Galiza.  <![CDATA[Boletín informativo ambiental 31/05/24]]> http://adega.gal/web/radiocerna/programa.php?idioma=gl&id=1143 Thu, 30 May 2024 04:48:00 +0200 10:00:00 no Boletín informativo ambiental 31/05/24 Palas de Rei acolle unha mobilización histórica contra a macrocelulosa proxectada por Altri e Greenalia no corazón de Galiza. A campaña de recadación solidaria Ti Podes Paralos precisa axuda para reunir os fondos necesarios para levar o polígono eólico Monte Contado ante a Xustiza. A empresa Erimsa proxecta unha mina a ceo aberto dunhas 1.000 hectáreas na comarca de Ordes. A Xunta de Galiza dálle a razón a ADEGA e recoñece que a tramitación da Rolda Leste era irregular. Todo isto e máis, en Radio Cerna! <![CDATA[Boletín informativo ambiental 24/05/24]]> http://adega.gal/web/radiocerna/programa.php?idioma=gl&id=1142 Thu, 23 May 2024 04:52:00 +0200 10:00:00 no Boletín informativo ambiental 24/05/24 A factoría de Altri contaminará a atmosfera máis que todas as celulosas do Estado. A análise da documentación do “Proxecto GAMA” non deixa de achegar datos preocupantes. E mentres, empresas e produtoras agroalimentarias da propia Ulloa, do Deza, Melide e Arzúa mostran tamén o seu rexeitamento ao proxecto de macrocelulosa cun manifesto. Ademais, con motivo do Día Europeo da Rede Natura 2000, unha trintena de organizacións ecoloxistas piden triplicar en seis anos a superficie actual da Rede Natura en Galiza. Todo isto e máis, en Radio Cerna! <![CDATA[Boletín informativo ambiental 17/05/2024]]> http://adega.gal/web/radiocerna/programa.php?idioma=gl&id=1141 Thu, 16 May 2024 03:55:00 +0200 10:00:00 no Boletín informativo ambiental 17/05/2024 A megafactoría de Altri constituiría un problema de saúde pública, segundo alertan médicas. Xa son 40 os proxectos eólicos paralizados cautelarmente pola Xustiza no que vai de ano; un dos últimos, o Acibal, no que a empresa promotora, Norvento, segue traballando tras a resolución xudicial, segundo a plataforma Amil Sen Eólicos. O sector marisqueiro atravesa un dos seus peores momentos; e ADEGA celebra a súa Asemblea Xeral en Melide. Todo isto e máis, en Radio Cerna! <![CDATA[AUDIO ROLDA DE PRENSA | Greenfiber impediría o cumprimento da Directiva Marco de Auga e suporía o colapso da Ría de Arousa]]> http://adega.gal/web/radiocerna/programa.php?idioma=gl&id=1140 inviabilidade ecolóxica do proxecto de Greenfiber (Altri e Greenalia) por constituír o golpe de graza do río Ulla e da ría de Arousa. A vogal de augas de ADEGA, Ana Fernández Santamarina, advertiu en rolda de prensa que o levantamento dunha planta de celulosas na parte alta da bacía do Ulla terá consecuencias negativas para toda a bacía, a cal se verá afectada de maneira significativa, tanto pola detracción de caudais como pola contaminación con elevadas cantidades de compostos químicos orgánicos. A fábrica de Altri comprometerá así, non só a viabilidade ecolóxica do río Ulla, senón tamén a de outros usos aos que se destina a súa auga, e impactará directamente a medio e longo prazo sobre a ría máis produtiva de Galiza, a Ría de Arousa.

Escoita toda a rolda de prensa! ]]>
Fri, 03 May 2024 12:00:00 +0200 26:00:00 no AUDIO ROLDA DE PRENSA | Greenfiber impediría o cumprimento da Directiva Marco de Auga e suporía o colapso da Ría de Arousa 03.05.2024 |  A Plataforma na defensa da Ría de Arousa (PDRA) e a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) alertan da inviabilidade ecolóxica do proxecto de Greenfiber (Altri e Greenalia) por constituír o golpe de graza do río Ulla e da ría de Arousa. A vogal de augas de ADEGA, Ana Fernández Santamarina, advertiu en rolda de prensa que o levantamento dunha planta de celulosas na parte alta da bacía do Ulla terá consecuencias negativas para toda a bacía, a cal se verá afectada de maneira significativa, tanto pola detracción de caudais como pola contaminación con elevadas cantidades de compostos químicos orgánicos. A fábrica de Altri comprometerá así, non só a viabilidade ecolóxica do río Ulla, senón tamén a de outros usos aos que se destina a súa auga, e impactará directamente a medio e longo prazo sobre a ría máis produtiva de Galiza, a Ría de Arousa.

Escoita toda a rolda de prensa! 
<![CDATA[ Boletín informativo ambiental 26/04/24]]> http://adega.gal/web/radiocerna/programa.php?idioma=gl&id=1139 Thu, 25 Apr 2024 12:00:00 +0200 10:00:00 no Boletín informativo ambiental 26/04/24 A Xunta deixa a porta aberta a financiar a macrocelulosa de Altri na Ulloa. Mentres, cada vez máis persoas se unen á defensa da Ulloa fronte ao proxecto. A primeira gran manifestación para mostrar a forza social terá lugar o 26 de maio en Palas de Rei, convocada pola Plataforma Ulloa Viva. Doutra banda, ADEGA e plataforma veciñal de afectados e afectadas pola A-57 conseguen en tempo récord os fondos necesarios para recorrer a autovía A-57 de Pontevedra na Audiencia Nacional. E Medio Rural está a destruír a Devesa do Lusío en Samos ao non facer efectiva unha orde de paralización. Todo isto e máis, en Radio Cerna! <![CDATA[Boletín informativo ambiental 19/04/24]]> http://adega.gal/web/radiocerna/programa.php?idioma=gl&id=1138 Thu, 18 Apr 2024 04:52:00 +0200 no Boletín informativo ambiental 19/04/24 Viaxe de ADEGA canda a outros colectivos a Bruxelas para denunciar o proxecto de celulosa que pretende instalar Altri na Ulloa. A Xunta de Galiza coñecía a presenza de especies ameazadas no espazo que ocuparía esta factoría e evitou protexelo. Ademais, o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza paraliza cautelarmente un novo proxecto eólico a instancias de ADEGA, o Rodicio II; e a organización impulsa unha nova campaña de recadación para frear outro parque, o Monte Xesteiros. Isto e máis, en Radio Cerna! <![CDATA[A loita contra a celulosa de Altri, en Bruxelas]]> http://adega.gal/web/radiocerna/programa.php?idioma=gl&id=1137
]]>
Thu, 18 Apr 2024 12:00:00 +0200 10:00:00 no A loita contra a celulosa de Altri, en Bruxelas A loita contra a macrocelulosa de Altri chega a Bruxelas. O pasado 15 e 16 de abril, da man da eurodeputada do BNG Ana Miranda, representantes de ADEGA (a vogal de augas, Ana F. Santamarina), Ulloa Viva, Santiso Vivo, Greenpeace, Ecoloxistas en Acción ou Queremos Parcelarias Xa, xunto con persoal científico e alcaldes dos municipios afectados, visitamos o Europarlamento e a Comisión Europea para denunciar o atentado ambiental que supón a instalación desta factoría na Ulloa. Alí reunímonos con alto funcionariado especializado en normativa medioambiental e expuxemos todos os impactos ambientais e socioeconómicos que implicaría Altri. Estas son as intervencións dos diferentes colectivos en loita contra Altri aos medios de comunicación ao remate das dúas xornadas de traballo. Escoita! 

<![CDATA[Boletín informativo ambiental 12/04/24]]> http://adega.gal/web/radiocerna/programa.php?idioma=gl&id=1136 Thu, 11 Apr 2024 04:36:00 +0200 10:00:00 no Boletín informativo ambiental 12/04/24 A Coordinadora Eólica Así Non concéntrase diante do Parlamento de Galiza ao berro de "Rueda escoita, seguimos en loita!" na xornada da investidura do presidente Alfonso Rueda. Os colectivos esíxenlle un cambio radical na súa política enerxética. Ademais, o TSXG suspende de forma cautelar outros sete proxectos eólicos, dous deles a instancias de ADEGA. Xa son 27 en total. ADEGA e Mariña Patrimonio denuncian ante a Valedora do Pobo o abandono e degradación do xacemento arqueolóxico da Roda en Barreiros, Lugo. Todo isto e máis, en Radio Cerna!  <![CDATA[Boletín informativo ambiental 05/04/24]]> http://adega.gal/web/radiocerna/programa.php?idioma=gl&id=1135 Thu, 04 Apr 2024 12:00:00 +0200 10:00:00 no Boletín informativo ambiental 05/04/24 Altri segue no foco mediático cun proxecto de macrocelulosa con altos impactos ambientais, sociais e económicos para a comarca da Ulloa e o conxunto do país. Ademais, a campaña de doazóns Salva o Lérez. Stop A-57 recada xa máis do 60% dos fondos necesarios para levar un treito da autovía A-57 aos tribunais.  A coordinadora eólica así non chama a participar na manifestación deste sábado 6 de abril en Burela por un modelo alternativo de desenvolvemento da eólica en Galiza. Todo isto e máis, en Radio Cerna. Escoita! <![CDATA[Boletín informativo ambiental 22/03/24]]> http://adega.gal/web/radiocerna/programa.php?idioma=gl&id=1134 Thu, 21 Mar 2024 12:00:00 +0200 no Boletín informativo ambiental 22/03/24 O proxecto de macrocelulosa de ALTRI na Ulloa é un "ataque ao corazón do interior de Galiza". Veciñanza e movemento ecoloxista opóñense a este modelo industrial insustentabe e chaman a presentar alegacións contra a factoría. Ademais, ADEGA e o colectivo Amil Sen Eólicos demandan ante o TSXG a paralización inmediata das obras do polígono eólico Acibal, un "espolio patrimonial". A campaña de doazóns Salva o Lérez. STOP A-57 acada na súa primeira semana o 30% dos fondos precisos para procurar frear nos tribunais o treito 2 da A-57 no rural pontevedrés. Esta semana celebrouse o Día Internacional dos Bosques e o Día Mundial da Auga. Falamos disto e de máis, no novo programa de Radio Cerna! <![CDATA[Boletín informativo ambiental 15/03/24]]> http://adega.gal/web/radiocerna/programa.php?idioma=gl&id=1133 Thu, 14 Mar 2024 12:00:00 +0200 10:00:00 no Boletín informativo ambiental 15/03/24 ADEGA lanza unha campaña para salvar o espazo de Rede Natura do Lérez da autovía A-57, que implicará a construción dun viaduto de 700 metros sobre este río. Ademais, o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza paraliza cautelarmente ata 18 proxectos eólicos desde a sentenza do Supremo que restrinxía os argumentos polos que anular parques. Paira sobre a veciñanza a preocupación polo proxecto de macrocelulosa que prevé instalar ALTRI na Ulloa. Este foi o inverno en Galiza máis cálido dende que hai rexistros. Todas estas novas e outras, en Radio Cerna! <![CDATA[Boletín informativo ambiental 01/03/24]]> http://adega.gal/web/radiocerna/programa.php?idioma=gl&id=1132 Thu, 29 Feb 2024 03:40:00 +0200 10:00:00 no Boletín informativo ambiental 01/03/24 ADEGA denuncia os impactos do proxecto de ALTRI na Ulloa sobre os recursos hídricos; e a Serra da Groba libra, polo momento, dos proxectos eólicos polas súas afectacións ambientais. Ademais, esta semana o Parlamento Europeo aprobou definitivamente a Lei de Restauración da Natureza, mentres que relaxa os requisitos ambientais para obter axudas da PAC no medio das protestas do campo. Todo isto e máis, neste novo programa de Radio Cerna. Escoita! <![CDATA[Boletín informativo ambiental 16/02/24]]> http://adega.gal/web/radiocerna/programa.php?idioma=gl&id=1131 Thu, 15 Feb 2024 03:53:00 +0200 no Boletín informativo ambiental 16/02/24 ADEGA querélase contra a ex Directora Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais da Xunta de Galiza, Paula Uría, por condonar a Greenalia unha débeda millonaria coa facenda pública. Os pellets regresan á palestra a conta dun informe de Salvamento Marítimo que mostra que a Xunta só mobilizou o 40% dos medios que anunciou. O desxeo en Groenlandia está alterando as correntes oceánicas que rexen o clima en Europa, e xa mostran os seus primeiros signos de colapso. Todo isto e máis, en Radio Cerna. Escoita! <![CDATA[Boletín informativo ambiental 09/02/24]]> http://adega.gal/web/radiocerna/programa.php?idioma=gl&id=1130 Thu, 08 Feb 2024 05:45:00 +0200 no Boletín informativo ambiental 09/02/24 A Fiscalía investiga se o Goberno de Alfonso Rueda deixa en mans das eléctricas a redaccións dos informes claves para a autorización dos negocios eólicos. Ola de protestas na agricultura e na gandaría, a raíz das que a Comisión Europea está desmontando medidas clave para reducir a contaminación do agro. Novo golpe á Cidade Deportiva do Celta en Vigo polos seus impactos sobre os recursos hídricos. Isto e máis, no novo programa de Radio Cerna!