Radio CERNA

Radio CERNA

Buscador

Formulario de busca

01/08/2014   [00:10:00]   [5.74 MB]

Boletín informativo ambiental 01/08/14

Neste espazo Cerna ofrecémosche as novas máis destacadas da semana no eido ambiental. Voltamos de hoxe nun mes con contidos actualizados. Feliz verán!

30/07/2014   [00:10:00]   [5.74 MB]

España en chamas: pola transparencia na información sobre lumes

A información que nos dan os organismos públicos sobre o número e a incidencia dos lumes forestais é incompleta, está fracturada e non ofrece unha visión de conxunto sobre a problemática dos incendios. Fronte as eivas na transparencia deste tipo de información pública nace o proxecto "España en llamas" liderado polo galego Juan Elosua e a Fundación Cidadá Civio. Con esta iniciativa ponse a disposición do público xeral unha ferramenta web que permite consultar datos sobre os incendios forestais da última década, ata agora nos caixóns do Ministerio de Medio ambiente.

28/07/2014   [00:10:00]   [5.74 MB]

Ceibes no monte: o cabalo galego nas aulas

O IES Terra de Turonio de Gondomar leva anos poñendo en valor o cabalo galego de monte, os cabalos ceibes a través do proxecto educativo "Ceibes no monte". O alumnado converteuse na principal fonte de coñecemento sobre os cabalos do sur pontevedrés que vén de ser recompilado nun libro-DVD no que se analiza esta especie animal de xeito integral. O proxecto recibiu en 2008 o Premio Antón Fraguas do Museo do Pobo Galego.

23/07/2014   [00:10:00]   [5.74 MB]

Novas ZEPAs mariñas. O que implican.

O Ministerio de Medio Ambiente vén de declarar 39 espazos mariños como Zonas de especial protección para aves en toda a costa española. Destas, 5 atópanse en augas galegas. As novas declaracións sitúan ao Estado español á cabeza en Europa de espazos mariños protexidos como Rede Natura. Neste espazo saberemos o que supoñen as novas Zepas para a protección das aves mariñas e o que implica para o conxunto da sociedade. Falamos neste programa co responsable de aves mariñas en SEO/Birdlife, organización que lanzou a proposta de declaración das novas áreas mariñas protexidas.

21/07/2014   [00:10:00]   [5.75 MB]

Debate internacional sobre eficiencia enerxética en Galiza

Galiza foi o punto de encontro de máis de 40 expertos en economía, medio ambiente e enerxía de todo o mundo para falar de eficiencia enerxética. Un concepto que levado á práctica suporía un dos piares fundamentais da mitigación dos efectos do cambio climático. Coñecemos as conclusións deste encontro convocado por Economics for Energy da man do seu director, Xavier Labandeira.

18/07/2014   [00:10:00]   [5.74 MB]

Boletín informativo ambiental 18/07/14

Escoita o boletín informativo semanal de Radio CERNA no que se fai repaso da actualidade ambiental máis destacada dos últimos días!

Radio CERNA
Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: radiocerna@adega.gal
Administración:Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal