Radio CERNA

Radio CERNA

Buscador

Formulario de busca

19/01/2015   [00:10:00]   [5.73 MB]

A despedida de Coto do Frade

Hoxe en Radio Cerna damos conta dunha mala noticia, a despedida da organización ecoloxista da comarca do Ribeiro, Coto do Frade. Repasamos a traxectoria desta organización e coñecemos os motivos do seu adeus.

16/01/2015   [00:10:00]   [5.74 MB]

Boletín informativo ambiental 16/01/15

Coñece con nós cales foron as novidades desta semana na actualidade galega ambiental!

14/01/2015   [00:10:00]   [5.73 MB]

Un ano na defensa do boque, do río e do patrimonio de Sarria

No aniversario da creación da Plataforma Sarriana polo Río repasamos cales foron as súas iniciativas, logros e obxectivos na defensa do río Sarria, do seu bosque de ameneiros e do seu patrimonio ligado ao Camiño de Santiago durante 2014. Actualmente está en exposición público un proxecto de modificación do proxecto orixinal do Plan de Encanamento do río Sarria que lle vén dar a razón en moitos aspecto á Plataforma. Analizamos as consecuencias deste proxecto de modificación cun dos membos do movememento cidadán de Sarria na defensa do río. Alén disto, o vindeiro sábado, o colectivo recibirá o Premio Osíxeno 2014, outorgado por ADEGA.

12/01/2015   [00:10:00]   [5.73 MB]

Premios Osíxeno e Dioxina de ADEGA 2014

ADEGA falla os premios Osíxeno e Dioxina 2014 e conta neste programa cales foron os motivos que fan merecedores aos galardoados dos seus premios, que son un recoñecemento simbólico á mellor e á peor actuación ambiental do ano. Os elixidos son....

09/01/2015   [00:10:00]   [5.73 MB]

Boletín informativo ambiental 09/01/15

Coñece con nós, a través deste espazo de Radio Cerna, o resumo das novas ambientais máis destacadas da última semana...

07/01/2015   [00:10:00]   [5.74 MB]

Alternativa sustentable ao paseo do río Mandeo

Varios colectivos ecoloxistas denuncia o proxecto de construción dun paseo fluvial ás beiras do río Mandeo de camiño ao Campo dos Caneiros. Consideran que o proxecto promovido polo concello de Betanzos e a Deputación da Coruña obvia o impacto ambiental nunha zona de Rede Natura, con treitos inundables e espazos de canaveiras. Así mesmo propoñer a reformulación do proxecto e alternativas que minimizan as actuacións, o impacto, e o custo económico da actuación.

Radio CERNA
Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: radiocerna@adega.gal
Administración:Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal