ADEGA

Inicio / Novas / ADEGA Nacional / A Xunta está a anular discretamente centos de...

05-05-2014

A Xunta está a anular discretamente centos de licenzas de caza concedidas ilegalmente

A trama corrupta de funcionarios e altos cargos foi destapada pola Fiscalía a denuncia de ADEGA

Extensa trama corrupta dende os concellos até a Dirección Xeral

Os feitos postos de manifesto en 2012 pola Fiscalía Ambiental do TSXG a denuncia de ADEGA e instruidos polo xulgado nº 3 da Coruña, consistían na masiva concesión de licenzas de caza ilegais por parte do Servizo de Conservacion da Natureza da Coruña.
Estas licenzas déronse presuntamente ao marxe da lei, sen que os "beneficiarios" realizaran o preceitivo exame do cazador, e pagando en compensación unha "mordida" aos conseguidores da administración.

ADEGA esixíu no seu momento o cese o xefe do Servizo de Conservación na Coruña Carlos Muñoz Martínez, e do daquela Director Xeral de Conservación da Natureza García-Borregón, ao parecer titulares tamén de licenzas. Ou non coñecían os graves feitos acontecidos durante anos baixo o seu nariz, ou sabían destas prácticas corruptas e as promoveron ou toleraron.

Hai uns meses a Xunta cesou discretamente (demisión por motivos persoais) a García-Borregón tamén implicado no caso dos masacres de lobos no Barbanza. Tentou tamén dar un perfil baixo ao escándalo e cinguilo á vía administrativa, anulando paseniñamente as licenzas ilegais previa consulta ao Consello Consultivo.
Comoconsecuencia, neste 2014 produciuse unha auténtica avalancha de peticións de licenzas (e de matrículas para realizar o exame do cazador) que antes era posíbel conseguir pola vía rápida pagando entre 120 e 150€.

Gravísimas implicacións penais aínda non resoltas

Á marxe das responsabilidades político-administrativas, ADEGA denunciou tamén a esistencia de implicacións penais:
Presunta prevaricación, trato de favor, suborno, malversación de caudais públicos, falsidade documental... Alén dun presunto delicto ambiental por canto a práctica da caza en situación ilegal pode ter graves consecuencias para a conservación dos recursos naturais, e tamén presuntos delictos contra a seguridade pública por canto a tenza de licenzas de caza ilegais permite tramitar (e obter) diante da Garda Civil, permisos para portar armas de fogo.

ADEGA persoouse no procedemento aberto pola Fiscalía para coñecer tamén, entre outros estremos:
-Quenes foron os políticos responsábeis de permitir, por acción ou omisión, semellante comportamento corrupto? Era coñecedor o Conselleiro Sr. Hernández destas prácticas? A Dirección Xeral de Conservacion da Natureza nunca detectou que se estaban emitindo licenzas de caza sen pasar o exame do cazador nen pagar as correspondentes taxas?
-Cal é o montante do desfalco para as arcas públicas que supuxo non pagar ducias de licenzas durante anos?
-Que implicacións tivo para a conservación das especies faunísticas o feito de que ducias de cazadores estiveran pegando tiros no monte sen acreditar saber como e que poden cazar?

Ligazóns

Audios

Novas relacionadas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal