ADEGA

Inicio / Novas / Todas / Sermos ADEGA nº 17: As limpezas simultáneas dos...

11-10-2018

Sermos ADEGA nº 17: As limpezas simultáneas dos ríos galegos

Este xoves 11 de outubro saíu á rúa o suplemento Sermos ADEGA, pulicado no semanario SERMOS GALIZA. Son oito páxinas que nesta ocasión se dedican a analizar a evolución das Limpezas simultáneas de ríos ao longo de 11 anos continuados, coordinadas por ADEGA.  En total, neste tempo participaron 5.946 persoas e retiráronse máis de 106 toneladas de lixo dos nosos ríos.

XI Limpeza Simultánea “Móllate polos ríos” celebrouse este ano en 53 concellos de toda Galiza, e participarán un total de 70 entidades (asociacións, colectivos ecoloxistas, delegacións de ADEGA, centros de ensino…) e tamén 7 concellos que organizan directamente esta actividade.

Descargas

Novas relacionadas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal