Este xoves 25 de febreiro comezan as xornadas “Que cidade queremos?”. Cada semana e até o 18 de marzo haberá unha mesa redonda retransmitida en directo a través da web de ADEGA e da canle de YouTube onde tamén podes participar no debate.
Cerna 83 fai un repaso por algunhas das centrais eléctricas máis contaminantes do noso país e as electrointensivas (industrias que representan o 34% do consumo eléctrico total de Galiza) que dependen delas, afondando no caso de Alcoa.
Con esta nova norma, xunto coa “Lei de Depredación” e o uso espúreo das leis de acompañamento, a Xunta afonda na privatización da xestión dos recursos públicos como o vento, a auga ou a biodiversidade.
A Xunta amosa indiferenza ante a caza furtiva do lobo e ausencia de solucións eficaces para a prevención de ataques. Que reclaman os que piden manter a caza se desde 2013 non se abateu ningún exemplar cos "controis" legais? Seguir coa impunidade...
Co novo Plano Forestal a Xunta pretende “branquear” décadas de desleixo administrativo e descontrol co eucalipto. O lobby pasteiro-enerxético está de noraboa e xa pode ir dispoñendo de máis cadeiras nos seus consellos de administración...
Recentemente alcaldes de Baralla e Castroverde protestaron contra as limitacións ao Eucalipto nitens, suxeridas pola Xunta, ADEGA anímaos a reflexionar sobre o errado da súa estratexia eucaliptizadora.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal