ADEGA

Inicio / Novas / Delegacións / Ferrolterra-Trasancos

Ferrolterra-Trasancos

03/04/2014

ADEGA anima á cidadanía a participar na concentración contra o trazado sur do tren ao porto exterior de Ferrol o vindeiro día 6

O acto convocado pola asociación Salvemos a Malata, terá lugar o vindeiro domingo día 6 de abril as 12h na pasarela peonil que está na entrada do peirao carboeiro.

+info

20/03/2014

A Demarcación de Costas e o Concello de Cedeira prevén soterrar unha reserva mariña “antes do verán”

O apuro por lucir unha praia bonita no verán para que os turistas poidan tomar o sol, que implicará o deterioro dunha reserva mariña parece ser a idea que Costas e o Concello teñen de repara danos.

+info

25/02/2014

ADEGA e SomosCedeira esixen un estudo de impacto ambiental para o recheo da praia da Madalena

ADEGA da resposta á consulta que o MAGRAMA vén de facerlle do proxecto de deitado de area na praia da Madalena (Cedeira). Esiximos tamén, xunto coa plataforma cívica SomosCedeira, a retirada do proxecto

+info

10/02/2014

Persiste a actividade da plataforma polo saneamento integral da ría Ferrol

A plataforma polo saneamento integral da ría de Ferrol, á que pertence ADEGA, conseguiu varias melloras nalgúns tanques de tormentas tras varios meses de actividade. Aínda así, son insuficientes.

+info

01/02/2014

O Tribunal Superior confirma a ilegalidade do proxecto de urbanización da Fraga de Menáncaro

Outro éxito ecoloxista na comarca de Ferrolterra

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ditou unha sentenza que desestima o recurso formulado pola empresa constructora de promover un proxecto urbanizador na zona da Fraga de Menáncaro, no val de Serantes, en Ferrol.

+info

16/01/2014

Salvemos a praia de Cedeira

COMUNICADO CONXUNTO SOMOSCEDEIRA E ADEGA: SALVEMOS A PRAIA DE CEDEIRA

A Plataforma Cívica SomosCedeira, e ADEGA desexan manifestar públicamente a súa rotunda oposición aos plans anunciados pola Demarcación de Costas de Galicia e o Concello de Cedeira, relativos ao propósito de volver facer recheos de area na praia.

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal