Inicio / Novas / Delegacións / Compostela
Novo pulo á compostaxe no concello de Santiago de Compostela. Está aberto o prazo para solicitar un composteiro doméstico de 340L para a veciñanza de Figueiras e Gríxoa. Se tes unha horta ou xardín e queres colaborar, apóntate xa!
Despois de pasar os artigos da compra, na caixa pregúntannos se queremos intoxicar as tartarugas de mar, matar baleas e paxaros, contaminar o medio, etc. Como chega unha bolsa de plástico a facer tanto dano?
O produto empregado masivamente en Compostela pola empresa concesionaria para rozar a vexetación ten como principio activo o glifosato, cuxo nível de risco foi recentemente elevado pola OMS ao "2A, probabelmente canceríxeno para humanos"
A delegación Compostela de ADEGA nun recente percurso polo Sar dende a Colexiata até a Rocha comprobou o pésimo estado ecolóxico do río e as súas ribeiras: verteduras de fecais, camiños abandonados, obras na canle e a vexetación de ribeira eliminada
Despois de ficaren suspendidos en 2011, hoxe asinamos un novo programa de compostaxe caseira co concello de Compostela. Serán 100 fogares máis os que poderán acceder a un composteiro e bonificar un 50% a taxa de lixo
É posíbel celebrar unha romaría ou festa sen que todo o espazo quede ateigado de vasos de plástico: no bairro de San Pedro en Compostela conseguiuse. Parabéns á veciñanza!!
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal