ADEGA

ADEGA Nacional

Formulario de busca
06/05/2020

ADEGA reclama a aprobación inmediata do Plan de recuperación do oso pardo en Galiza

O Proxecto e o bosquexo de decreto levan gardados nun caixón desde o ano 2013.

Ante as recentes aparicións do oso pardo no Macizo Central ou na contorna de Trevinca, ADEGA volve reclamar á Xunta a aprobación inmediata do Plan de recuperación da especie, gardado nun caixón desde hai 7 anos.

+info

05/05/2020

Alerta Ambiental: A Xunta reactiva durante o Estado de alarma uns 1000 proxectos ambientalmente controvertidos

Organizacións sociais, entre elas ADEGA, piden a retirada da orde da Xunta pola que retoma a tramitación de máis de 1000 expedientes administrativos por ser incompatible co Estado de alarma no que están limitados os dereitos da cidadanía.

+info

04/05/2020

Proxecto Ríos cumpre 15 anos e renova o seu compromiso cos ríos galegos

Augas de Galicia e ADEGA anovaron esta mañá o convenio polo que se financia o principal proxecto galego de educación ambiental en cursos fluviais.

A presidenta de ADEGA, Virxinia Rodríguez Álvarez, asinou no día de hoxe, xunto con varias representantes da Xunta, a renovación do convenio de colaboración con Augas de Galicia que dota de orzamento o Proxecto Ríos.

+info

29/04/2020

As emisións de CO2 das centrais de carbón galegas diminuíron o 75,2% en 2019

Comunicado da plataforma Galiza un futuro sen carbón

As emisións de dióxido de carbono (CO2) das centrais de carbón situadas no noso país caeron o 75,2% en 2019 con respecto a 2018, baixando de 10,1 a 2,5 millóns de toneladas (t). Isto provocou que as emisións territoriais totais de Galicia se sitúasen no n

+info

27/04/2020

A caza aproveita o confinamento para crear sensacionalismo sobre unha suposta invasión de fauna salvaxe

ADEGA oponse á decisión da Xunta de manter a actividade cinexética durante o estado de alarma.

O lobby cinexético está a promover un relato falso sobre unha suposta invasión de fauna salvaxe durante o Estado de alarma que calou nas administracións e co que pretenden xustificar o carácter esencial da caza.

+info

23/04/2020

O confinamento humano traerá efectos moi positivos para a biodiversidade galega

Un respiro para a biodiversidade galega que ADEGA cualifica de moi necesario, malia que sexa temporal.

A nosa limitación de movementos está a supoñer un alivio para as especies e hábitats que nos rodean, especialmente nesta época de cría.

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal