ADEGA

Inicio / Áreas temáticas / Educación e Voluntariado ambiental / Novas /

Novas

Formulario de busca
25/03/2015

Xornadas de capacitación para as entidades galegas de custodia do territorio

A Rede Galega de Custodia do Territorio, da cal forma parte ADEGA como socia fundadora, participa na organización destas xornadas xunto con outras entidades galegas e estatais. Serán en Compostela este 27 e 28 de marzo.

+info

17/03/2015

Máis de 20 persoas eliminan acacias no río Liñares

ADEGA xunto coa Asociación pola Defensa do Val do Liñares organizaron unha xornada de voluntariado ambiental para eliminación de flora exótica invasora na ribeira do río Liñares. As actuacións realizáronse nunha mancha de mimosa (Acacia dealbata)

+info

12/03/2015

Xornadas de capacitación para o fortalecemento de entidades galegas de custodia

27 e 28 de marzo. Santiago de Compostela. Co obxectivos de aprender e debatir sobre as boas prácticas de traballo en rede e desenvolvemento social e institucional da Custodia do Territorio que se están a levar por diferentes redes e entidades

+info

02/02/2015

2 de febreiro, Día Mundial dos Humidais: humidais para o noso futuro!

O 2 de febreiro celébrase o día dos Humidais, por terse asinado ese día de 1971 o Convenio sobre os Humidais na cidade iraniana de Ramsar. Dende 1900 desapareceu o 64% dos humidais del planeta. Que podes facer ti?

+info

09/01/2015

Constituida unha nova delegación de ADEGA na comarca de Monterrei

Damos a benvida aos compañeiros e compañeiras de Monterrei, Laza, Verín, Castrelo, Oimbra, Riós, Vilardevós e Cualedro, que acaban de constituiren a delegación de ADEGA-Monterrei

+info

24/11/2014

ADEGA celebra a Semana da Prevención de Residuos... todo o ano!

Do 22 ao 29 de novembro celébrase a semana europea da prevención de residuos. Dende ADEGA traballamos todo o ano con obradoiros de sensibilización ambiental, seminarios, congresos e dinamizando novidosos proxectos de compostaxe por todo o país

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal