ADEGA

Inicio / Áreas temáticas / Territorio e urbanismo / Novas /

Novas

Formulario de busca
23/09/2015

ADEGA dálle un ultimátum á Xunta para protexer a Cova Eirós como BIC

ADEGA vén de presentar a derradeira solicitude de información á D.X. de Patrimonio sobre a declaración da Cova Eirós como BIC. Se ADEGA non recibe resposta da Xunta ou confirma que non se está a tramitar o expediente de BIC recorrerá aos tribunais.

+info

19/09/2015

Presentada en Ferrol a campaña Cousa de Raíces

setembro 2015

Coa participación de responsable da campaña Cousa de Raíces a nivel de Galiza e representación de Adega Ferrol presentouse o 19.9.2015 en Ferrol a campaña Cousa de Raíces cun acto simbólico de plantación de carballos na zona de S.Pedro de Leixa.

+info

01/09/2015

ADEGA adía a data límite para participar nos Concursos polo Territorio 2015

O vindeiro 15 de outubro será a data límite para a entrega das obras

ADEGA aprazar nun mes a data límite de entrega de obras a concurso para os certames de Fotografía, Relato e Curtas polo Territorio deste ano 2015.

+info

05/08/2015

Unha canteira en pleno Parque de Corrubedo, LIC, ZEPA, ZEC e humidal Ramsar? Coa Xunta todo é posíbel

O parque natural máis visitado de Galiza, o Complexo Húmido de Corrubedo, debe ser o único do mundo que conta dentro do seu perímetro cunha canteira activa e en pleno funcionamento... Benvidos/as a Españistán!

+info

18/06/2015

ADEGA pide unha nova avaliación ambiental dos recheos en Sada, Gandarío e Miño

Costas do Estado prevé dragar e deitar case 1 millón de m3 de area en varias praias da ría de Betanzos-Sada. Outros 6,1 millons de € tirados ao mar nun proxecto que afectará aos recursos mariños

+info

26/05/2015

ADEGA-Ferrolterra denuncia o uso de maquinaria pesada na praia de Doniños

ADEGA vén de denunciar o uso de maquinaria pesada para a colocación dun chiringuito de xeados na praia de Doniños. Esta praia ten 3 figuras de protección polo que parece absurdo alterar esta zona protexida cando a escasos 50m hai unha aparcadoiro.

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal