ADEGA

Inicio / Áreas temáticas / Territorio e urbanismo / Novas /

Novas

Formulario de busca
18/12/2015

Plantar eucaliptos a carón do Camiño de Santiago, falta grave e 4800€ de multa

ADEGA vén de coñecer a resolución de Patrimonio á denuncia dunha plantación de eucaliptos en de Palas de Rei, en pleno Camiño Primitivo: é infracción grave multada con 4800€ e retirada dos plantóns por atentar contra o patrimonio cultural

+info

10/12/2015

ADEGA cuestiona o novo baleirado artificial do humidal protexido da Frouxeira

Alterar a dinámica natural a golpe de escavadora para salvagardar un paseo marítimo mal deseñado non é unha estratexia válida para xestionar un espazo protexido

+info

02/12/2015

ADEGA pide á Confederación Hidrográfica e á Xunta a paralización definitiva das obras da fábrica da luz no Miño e traslada o caso á Fiscalía

O que ía ser a restauración dunha instalación histórica -unha vella fábrica da luz- vén de converterse nunha chafallada administrativa ateigada de actuacións ilegais con graves impactos na biodiversidade e na contorna do Miño

+info

17/11/2015

O PP prepara a prórroga a ENCE por outros 75 anos cos parabéns da Xunta

Hai présa por deixar a ENCE "atada y bien atada" á ría de Pontevedra denantes do 20D. Un cambio de goberno podería paralisar a solicitude de prórroga, comprometendo o negocio da pasteira, habitual refuxio de políticos do PP xa amortizados

+info

30/10/2015

Protesta diante a Xunta por manter residuos asfálticos contaminantes xunto ao río Baa (Fene)

Membros de Verdegaia, SGHN, ADEGA, AETNA e veciñanza protestando diante da Xunta.

Tras varios anos deixados á intemperie, e pese á condena da Xustiza,..seguen residuos contaminantes xunto ao rio Baa (Fene). Membros de Verdegaia, ADEGA, SGHN, AETNA e veciñanza, presentamos diante da Xunta de Galicia,recurso e material contaminante.

+info

29/09/2015

Adega denuncia unha tala de bosque autóctono na Fraga da Miranda (Cariño)

A delegación de Adega en Ferrol denuncia unha tala de bosque autóctono en Cariño para plantar eucaliptos

Desde a delegación de Adega-Ferrolterra queremos denunciar publicamente un novo atentado contra o noso bosque autóctono esta vez na Fragas de Miranda,en Cariño .Unha fraga que se están a cortar co único fin de plantar eucaliptos .

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal