ADEGA

Inicio / Áreas temáticas / Medio rural e montes / Novas /

Novas

Formulario de busca
26/01/2017

ADEGA-Monterrei denuncia a inacción da Xunta fronte aos lumes do inverno

A inusitada seca invernal trouxo consigo numerosos lumes na comarca. As consecuencias da falla de prevención e da diminución dos efectivos tradúcese en perda de biodiversidade, fenómenos erosivos, perda de humidade do chan... e máis lumes!

+info

17/01/2017

ADEGA, BNG e a AVV de Brión presentamos protesta formal polo proxecto de botar os escombros das obras do tren ao porto de Ferrol nos montes de Brión(Ferrol)

ADEGA, BNG e a AVV de Brión (Ferrol) protestamos polo proxecto de botar escombros nos montes de Brión(Ferrol).

ADEGA, AVV de Brión e BNG presentamos diante da Autoridade Portuaria de Ferrol, protesta formal polo proxecto de botar os escombros da futura obra do tren ao porto exterior de Ferrol, nos montes de Brión (Ferrol) xunto a zonas de mámoas, manantiáis,.

+info

09/12/2016

Barra libre para a biomasa: Feijóo desregula o sector e dá carta branca a ENCE para encher de cultivos enerxéticos o país

Coa derrogación do decreto 149/2008, xa non existe límite de potencia nin de cantidade para as plantas de biomasa. Un vello anceio de ENCE: ter a medio país producindo eucalipto para pasta e ao outro medio madeira para queimar...

+info

17/10/2016

Perante o inicio da tempada cinexética, ti podes ampliar o monte libre de caza!

Este día 16 comezou a tempada de caza para as preto de 50.000 licenzas que existen en Galiza. A Lei de caza concede aos cazadores dereitos sobre grande parte do monte galego entre hoxe e o 6 de xaneiro, sen contar batidas e "campionatos"

+info

13/10/2016

A Xunta tramita unha planta de biomasa ilegal para queimar E. nitens e outros cultivos enerxéticos

O proxecto de Renova Generación S.L en Curtis de 50MW queimando biomasa forestal, sobarda o límite legal de 10MW por instalación fixado en 2008 polo bipartito.

+info

02/09/2016

Adega nas comarcas Ferrol, Eume e Ortegal denunciou a plantacion ilegal de eucaliptos en varias concellos de Ferrolterra

Denuncia de plantacións ilegáis de eucaliptos en Somozas e outros concellos de Ferrolterra

Adega denunciou e notificou plantacións ilegáis de eucaliptos nas concellos de Somozas, Cariño, Mugardos e outros máis da comarca. A Xunta confirmou varias de estas plantacións ilegáis.

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal