ADEGA

Inicio / Novas / Todas /

Todas

Formulario de busca
13/10/2014

ADEGA leva á Fiscalía as actuacións de COSMOS, Xunta e concello na Cova de Eirós

Nas últimas semanas realizáronse actuacións que poñen en perigo a conservación da Cova de Eirós, catedral da arte paleolítica galega, presuntamente por persoal da mineira COSMOS coa anuencia da Xunta e o concello

+info

10/10/2014

Campo de voluntariado ambiental do proxecto Charcas con Vida en Sálvora

A iniciativa de ADEGA Charcas con Vida convoca xunto co Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galiza un campo de voluntariado ambiental o 10, 11 e 12 de outubro. O lugar escollido é a illa de Sálvora, no concello de Ribeira

+info

06/10/2014

O concello de Lalín aposta decididamente pola compostaxe

O concello de Lalín vén de apresentar un programa piloto de compostaxe en colaboración con ADEGA. Coa instalación de 100 composteiros na parroquia de Goiás imos reducir o lixo que vai a SOGAMA, millorar a separación e aforrar 8.000€/ano ao concello

+info

03/10/2014

Maniféstate con nós contra as touradas e a tauromafia na Coruña

A plataforma Galiza, Mellor Sen Touradas (da que fai parte ADEGA), a Asociación Libera e a Fondation Franz Weber convocamos á cidadanía a participar na manifestación antitaurina da Coruña este domingo 5 de outubro

+info

03/10/2014

ADEGA guiará 3 roteiros organizados pola Deputación de Lugo

Visitaranse bosques singulares da provincia

A Deputación de Lugo volveu confiar en ADEGA-Lugo este ano para guiar tres roteiros neste último trimestre, que estarán dedicados aos bosques galegos e que terán lugar o 26 de outubro, 16 de novembro e 14 de decembro.

+info

02/10/2014

Último mes para participar na IV edición dos concursos polo Territorio

O prazo de participación na IV edición dos concursos “Fotografías polo territorio” e “O lugar onde vivo” e o III Certame de “E ti que é o que ves?” entra na súa recta final. Ata o 1 de novembro hai tempo para enviar os orixinais.

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal