ADEGA

Inicio / Novas / Todas /

Todas

Formulario de busca
25/01/2016

Prórroga de 60 anos para ENCE: fraude democrática e bulra ambiental

O governo do PP vén de resolver a prórroga das actividades contaminantes da pasteira en Lourizán por outros 60 anos, até o 2073. É unha fraude democrática hipotecar a ría a ENCE cun govermno en funcións e unha burla á cidadanía e ao ambiente

+info

13/01/2016

Premios Osíxeno e Dioxina ás millores e piores actuacións ambientais de 2015

ADEGA fai públicos os premios OSÍXENO e DIOXINA ás millores e piores actuacións de 2015. Celulosas e eucaliptos, cambio climático, abellas e mundo rural vivo, aliás dunha referenza aos 40 anos da organización, son os temas desta 15 edición

+info

12/01/2016

Balanzo ambiental de 2015 e reptos para o 2016

Co novo ano chega o momento de facermos balanzo ambiental do 2015 e de apontar algunha das cuestións ás que prestaremos antención neste 2016. Vellos problemas que aínda seguen aí e novos desafíos que marcarán o traballo nesta xeira

+info

07/01/2016

Ademáis este ano ao tocar reintegro, incremento dos beneficios para Adega

Campaña de venda de lotaría de Nadal 2015 e do Neno 2016. Outro éxito

Novo éxito na campaña venda Lotaría Nadal 2015 e Neno 2016

+info

31/12/2015

BO e ECOLÓXICO 2016!

Dende ADEGA desexámosvos unhas boas festas e un ventureiro e ecolóxico 2016. Grazas a todas e todos polo voso compromiso co medio ambiente galego!

+info

28/12/2015

Convenio ADEGA-ENCE para a recuperación dos coalas nos eucaliptais galegos

Perante a grave regresión do coala no seu territorio nativo pola acelerada perda do seu hábitat, ADEGA vai desenvolver un proxecto de recuperación desta especie en parcelas seleccionadas de entre as 384.000 hectáreas que ocupa o eucalipto en Galiza

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal