ADEGA

Inicio / Novas / Todas /

Todas

Formulario de busca
09/03/2016

San Sadurniño abre unha nova rota de ´porta a porta´e reciclaxe rural

En 2015 iniciabamos un proxecto novidoso de porta a porta rural en San Sadurniño, cunha rota de 40 km na que se recolle o lixo a 70 vivendas rurais. Ante o éxito do proxecto, este ano amplíase a outras 45 casas con 72 km de percorrido

+info

07/03/2016

Roteirríos 2016. Río Arnego

Roteirríos é un programa de itinerarios que pretende unir ríos e persoas nun ambiente lúdico e que desenvolve o Proxecto Ríos desde o ano 2007.O primeiro Roteirríos será o 12 de marzo, onde percorreremos un treito do río Arnego.

+info

05/03/2016

A delegación de Adega en Ferrol realizou saída á rúa para presentar o tema á cidadanía

Día Mundial da Eficiencia Enerxética. Saida á rúa para concienciar sobre o tema.

Adega presentou á cidadanía algúns consellos que poderán poñer en práctica na cociña, na iluminación da casa, no automóbil, etc. Tamén contactouse con concelleiros de Ferrol e outras personalidades relevantes da comarca.

+info

03/03/2016

Convenio de colaboración entre Adega e o concello de Cedeira(Coruña)

Novo convenio sobre compostaxe caseira entre Adega e Cedeira.

Dentro do plan de difusión do programa de compostaxe caseiro, realizado un novo convenio de Adega, nesta ocasción có concello de Cedeira (A Coruña).

+info

02/03/2016

EXPEDICIÓN GALICIA, un desafortunado xeito de achegarse á natureza galega

ADEGA, GEAS e GN. Hábitat solicitamos á TVG a retirada do programa “Expedición Galicia

Os colectivos ADEGA, GEAS (Grupo de Estudo dos Animais Salvaxes) e Grupo Naturalista Hábitat solicitamos á compañía da radio-televisión pública de Galicia (CRTVG) a retirada do programa da TVG de recente estrea “Expedición Galicia”

+info

01/03/2016

ADEGA participa na formación de ´Mestr@s composteir@s´da Deputación de Pontevedra

Diversas organizacións ecoloxistas participamos cun módulo de educación ambiental para a formación de persoal experto en compostaxe, dentro do programa que promove a Deputación de Pontevedra

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal