ADEGA

Inicio / Novas / Todas /

Todas

Formulario de busca
27/07/2016

ADEGA demanda á Xunta nos tribunais por non declarar BIC a Cova Eirós

ADEGA vén de presentar demanda contra a Consellaría de Cultura da Xunta por non ter iniciado nin tramitado en tempo e forma o expediente de declaración da Cova Eirós de Triacastela como BIC e non contestar ás solicitudes de ADEGA.

+info

26/07/2016

ADEGA e o Foro do Camiño denuncian en ICOMOS as obras de Turismo nos Camiños de Santiago

O Foro do Camiño, do que fai parte ADEGA, acude a ICOMOS-España para denunciar as obras de "mellora e acondicionamento" que a Axencia de Turismo de Galiza está a executar e prevé realizar nos Camiños Norte e Primitivo, Patrimonio da Humanidade.

+info

22/07/2016

Os dereitos dos animais, tema de fondo de Sermos-ADEGA nº 6

Xa está dispoñible na rede o número 6 de Sermos-ADEGA, dedicado á defensa dos animais e que foi publicado o pasado xuño no xornal Sermos Galiza. Consúltao!

+info

21/07/2016

Obradoiros de concienciación ambiental sobre residuos nos campamentos de verán

26 de xuño, Xuño; 27 Portosín, 28 Porto do Son, 29 Louro e 2 de agosto, Carnota. Datas dos campamentos urbanos co obradoiro de “xogo do lixo”, co que aprenderemos a separar xogando, dentro do programa da Mancomunidade do Barbanza

+info

21/07/2016

Chega a REGANOSA o primeiro barco con gas de "fracking" USA grazas ao tratado TTIP

Este 22 de xullo entrará na ría de Ferrol cara REGANOSA o primeiro gaseiro con gas de "fracking" procedente dos campos USA, unha das primeiras consecuencias das negociacións do TTIP

+info

15/07/2016

Crónica do Bioblitz polas ribeiras do Sor

O 9 de xullo celebrouse a duocécima edición dos encontros de voluntariado do Proxecto Ríos. En 2016 continuamos cunha descuberta de biodiversidade para afondar máis no coñecemento da flora e a fauna dos nosos ríos e ribeiras.

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal