ADEGA

Inicio / Novas / Todas /

Todas

Formulario de busca
03/11/2016

Unha sentenza do TSXG avala a deturpación dos Camiños históricos a Santiago por un baleiro legal

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia desestima o recurso do Foro do Camiño e xustifica a deturpación da traza histórica do Camiño Primitivo a Compostela na existencia dun baleiro legal sobre como realizar as delimitacións das vías medievais.

+info

02/11/2016

Por fin, comezan as obras de desmonte do dique ilegal do río Miño denunciado por ADEGA

A plataforma "Lugo de Cara ao Miño", da que forma parte ADEGA, aplaude o inicio das obras de desmonte do dique ilegal no río Miño e insta ao Concello de Lugo a dar un paso máis e a revisar a posible rescisión do contrato coa empresa hidroeléctrica.

+info

20/10/2016

"Recuperando O Noso", temática dos Roteiros de ADEGA-Lugo de 2016-2017

ADEGA-Lugo dedicará os roteiros deste curso 2016-2017 a mostrar diferentes iniciativas, repartidas por todo o país, que teñen como obxectivo a recuperación do noso patrimonio cultural e natural e poñelas en destaque.

+info

18/10/2016

6ª edición do Seminario estatal de ´Composta en Red´en Pontevedra

Os días 20 e 21 de outubro vai ter lugar en Pontevedra a 6ª edición do seminario estatal "Composta en Red" para coñecer os últimos avanzos e as experiencias máis salientánbeis en compostaxe

+info

18/10/2016

Crónica do campo de voluntariado ambiental de Sálvora

Continuamos coa eliminación de especies invasoras

Entre os días 11 e 13 de outubro unha ducia de voluntari@s estivemos a traballar na illa de Sálvora, na recuperación dos hábitats autóctonos que se ven ameazados pola presenza de especies exóticas invasoras como o a unlla de gato (Carpobrotus edulis)

+info

17/10/2016

Perante o inicio da tempada cinexética, ti podes ampliar o monte libre de caza!

Este día 16 comezou a tempada de caza para as preto de 50.000 licenzas que existen en Galiza. A Lei de caza concede aos cazadores dereitos sobre grande parte do monte galego entre hoxe e o 6 de xaneiro, sen contar batidas e "campionatos"

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal