ADEGA

Inicio / Novas / Todas /

Todas

Formulario de busca
17/01/2017

ADEGA, BNG e a AVV de Brión presentamos protesta formal polo proxecto de botar os escombros das obras do tren ao porto de Ferrol nos montes de Brión(Ferrol)

ADEGA, BNG e a AVV de Brión (Ferrol) protestamos polo proxecto de botar escombros nos montes de Brión(Ferrol).

ADEGA, AVV de Brión e BNG presentamos diante da Autoridade Portuaria de Ferrol, protesta formal polo proxecto de botar os escombros da futura obra do tren ao porto exterior de Ferrol, nos montes de Brión (Ferrol) xunto a zonas de mámoas, manantiáis,.

+info

16/01/2017

ADEGA e SomosCedeira deixarán de participar na Plataforma en defensa da Ría de Cedeira

Despois duns meses da creación deste colectivo a asociación ecoloxista ADEGA e o colectivo cívico Somos Cedeira, deixarán de participar por entender que se desvía dos obxectivos para os que foi constituída.

+info

13/01/2017

Concentración solidaria cos compañeiros que serán xulgados por defender o río Miño en Lugo

A plataforma da que fai parte ADEGA, Lugo de Cara ao Miño, vén de convocar unha concentración para o día 20 de xaneiro diante dos xulgados de Lugo, en apoio aos tres compañeiros que serán sometidos a xuízo tras unha denuncia de Inca.

+info

05/01/2017

Agasallo de reis de SOGAMA: gasto de 275 millóns de € de cartos públicos para seguir incumprindo a lei

O presidente de SOGAMA vén de anunciar a licitación por 275M€ da ampliación do complexo de Cerceda para queimar aínda máis, sobre todo ´materia orgánica´. Con este gasto pretenden poñense en 2020 ´reciclando´ o 15% cando Europa fixa un mínimo do 50%

+info

28/12/2016

A Cidade da Cultura, novo centro galego de recuperación da fauna mariña

Galiza precisa dun centro de referenza para a recuperación da fauna mariña. Diante da paralización do proxecto en Baredo (Baiona), ADEGA propón usar as naves do Gaiás (xa construídas) e as lagoas nas fochancas das obras do CAI e do Xardín Literario

+info

28/12/2016

ADEGA entregou hoxe os Premios de Foto, Relato e Curta polo Territorio de 2016

Nesta edición presentáronse a concurso 70 fotografías, 53 relatos e 10 curtametraxes polo Territorio.

O Salón de Actos da Deputación de Lugo acolleu hoxe a entrega dos VI Premios de foto e relato e os V Premios de curtametraxe polo Territorio, correspondentes ao ano 2016 e vinculados á campaña de ADEGA "Ponte no Medio. Móvete polo Territorio".

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal