Como parte da plataforma "Lugo de Cara ao Miño" ADEGA vén de pedir á Fiscalía de Lugo que recorra contra o auto do Xuzgado de Instrución nº 1 que arquivou a causa relativa á adxudicación do contrato de explotación da Fábrica da Luz.
A presidenta de ADEGA e coordenadora do Proxecto Ríos, Virginia Rodríguez, vén de asinar coa conselleira de Medio Ambiente Beatriz Mato o convenio de colaboración que dota de orzamento ao Proxecto Ríos
O pasado xaneiro denunciamos novas verteduras ao dominio público dende a mina de San Fins. O expediente aberto por Augas confirma outra volta que algúns metais tóxicos sobardan os límitres legais mesmo 1500m augas abaixo da mina.
Realizada palestra en Ferrol coa participación de José Oreona: Pdte da veciñanza de Brión;Alberto López: Arqueólogo Terra de Trasancos;Jaime Fagúndez:Profesor da UDC;Coordenación: Ernesto Lopes (Adega);Imaxe: M. Anjo Glez (Adega).
A ONU elixíu este tema para celebrar o Día Mundial da Auga (22 de marzo) deste ano. Máis do 80% das augas residuais xeradas no mundo volve a verterse ao ecosistema sen ningún tipo de tratamento nin reutilización
No Día Internacional dos Bosques (21 de marzo), os preto de 60 colectivos da rede "Cousa de Raíces" non estamos para ccelebracións: urxen medidas para salver os bosques e poñer couto ao eucalipto. Como en Europa!
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal