ADEGA

Inicio / Novas / Todas /

Todas

Formulario de busca
06/10/2023

ADEGA Lugo presentou alegacións ao novo proxecto do Clube Fluvial

O pasado 20 de setembro rematou o prazo para presentar alegacións ao Proxecto para a renovación da concesión e legalización das instalacións existentes no Club Fluvial de Lugo, un proxecto que contén grandes eivas e oculta deliberadamente a realidade

+info

22/09/2023

Nostián: Os datos de 2022 confirman a superioridade do modelo húmido-seco fronte o colector amarelo

Co colector amarelo, SOGAMA conseguiu recuperar 7,7 kg de residuos de envases por habitante, fronte aos 30 kg por habitante de Nostián.

ADEGA iniciará unha campaña informativa sobre a situación da xestión de residuos na Coruña e As Mariñas. Introducir o colector amarelo na comarca só se pode entender polas presións de SOGAMA e Ecoembes.

+info

26/06/2023

Comezan as actividades de Eu Quero Razo-Baldaio 2023

O Concello de Carballo dende o ano 2019 leva desenvolvendo o proxecto “Eu Quero Razo - Baldaio. Coñecer para valorar” no que participa ADEGA realizando diversas actividades de voluntariado e educación ambiental.

+info

27/10/2020

ADEGA Vigo denuncia malas praxes dunha actividade cinexética no Couto da Eirexiña

A delegación viguesa vén de interpor unha nova denuncia por malas praxes na práctica cinexética en terreos custodiados no Couto da Eirexiña no monte comunal de Rebordelo (Cerdedo-Cotobade)

+info

11/10/2018

Proxecto de compostaxe comunitaria na escola

O pasado xoves 4 de Outubro do 2018 reactivouse o Proxecto Compostaxe comunitaria na escola impulsado pola Concellaria de Medio Ambiente e Convivencia de Co0mpostela.

+info

09/10/2018

ADEGA e Mariña Patrimonio denuncian na Fiscalía a destrución do Castro de Trinidade

A Xunta incumpriu o seu deber legal de protexer o xacemento e permitiu a súa irreparable destrución por parte dunha canteira.

ADEGA e Mariña Patrimonio presentaron varias denuncias ante a Fiscalía por diferentes disposicións de Patrimonio Cultural da Xunta que poderían ser constitutivas de delito, entre elas, a destrución do Castro de Trinidade-Flores de Mondoñedo.

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal