ADEGA

Inicio / Áreas temáticas / Conservación e biodiversidade / Novas /

Novas

Formulario de busca
30/09/2015

A vespa galega (V. crabro), dano colateral da loita contra a vespa asiática (V. velutina)

ADEGA alerta dos danos que están a sofrer os niños da nosa vespa autóctona (Vespa crabro) ao seren confundidos cos da vespa asiática (Vespa velutina). A presenza da vespa galega é un mecanismo de control natural da invasora asiática, coa que compite.

+info

29/09/2015

Adega denuncia unha tala de bosque autóctono na Fraga da Miranda (Cariño)

A delegación de Adega en Ferrol denuncia unha tala de bosque autóctono en Cariño para plantar eucaliptos

Desde a delegación de Adega-Ferrolterra queremos denunciar publicamente un novo atentado contra o noso bosque autóctono esta vez na Fragas de Miranda,en Cariño .Unha fraga que se están a cortar co único fin de plantar eucaliptos .

+info

22/09/2015

Eliminación de EEI no río Limia

O pasado sábado 19 de setembro, ADEGA desenvolveu unha actividade de eliminación de flora exótica invasora no río Limia. A actuación enmárcase no “Programa de Educación, Divulgación e Voluntariado Ambiental para a Conservación de Especies e Hábitats”

+info

19/09/2015

Presentada en Ferrol a campaña Cousa de Raíces

setembro 2015

Coa participación de responsable da campaña Cousa de Raíces a nivel de Galiza e representación de Adega Ferrol presentouse o 19.9.2015 en Ferrol a campaña Cousa de Raíces cun acto simbólico de plantación de carballos na zona de S.Pedro de Leixa.

+info

10/09/2015

Novo Tecor en Montederramo ameaza a conservación da aguia real

ADEGA vén de solicitar a denegación dunha explotación cinexética en Montederramo de 212 ha por situarse dentro da área de máxima protección da ZEC Macizo Central e afectar a unha área de cría e presenza de aguia real, en perigo de extinción

+info

25/08/2015

Científicos/as das 3 universidades certifican danos de Ferroatlántica a hábitats e especies protexidas no Xallas

ADEGA denuncia na Fiscalía do TSXG os impactos das 3 novas centrais que Villar-Mir constrúe no Xallas

As obras das 3 centrais hidroeléctricas que Ferroatlántica constrúe no Xallas están a danar especies e hábitats protexidos. ADEGA insta á Fiscalía a investigar os feitos e a tramitación dunhas instalacións que nunca deberon ser autorizadas...

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal