ADEGA

Inicio / Novas / ADEGA Nacional / ADEGA Lugo presenta as xornadas ambientais de...

02-07-2020

ADEGA Lugo presenta as xornadas ambientais de verao "Os catro elementos"

Os catro elementos da natureza

Estas xornadas de verao naceron para axudar á identificación do ser humán ca natureza, representada polos catro elementos primordiais definidos por Aristóteles.

LUME

O lume representa a enerxía, sen a cal os ecosistemas non poden funcionar. Preguntarémonos sobre as diferentes formas de enerxía, das que o sol é fonte inesgotable.
Neste obradoiro, traballaremos o manexo da enerxía solar no uso cotiá. Aprenderemos a fabricar o noso propio forno solar con materiais de refugallo e mostraremos como cociñar co sol. Este obradoiro organízase en colaboración co Banco de Tempo de Lugo.
Material necesario que cada quen debe traer: Caixa grande de cartón (40x30x40cm), papel de aluminio e cubertos para o xantar.

Día: Sábado 4 de xullo
Hora: 10h
Lugar: Pz. Maior, diante do Concello

AIRE

A atmosfera que envolve á Terra abríganos e fornécenos do ar que respiramos. Traballaremos este elemento, observando o seu movemento (vento) e as suas aplicacións prácticas e lúdicas.
Aprenderemos a fabricar papaventos con materiais naturais e de refugallo aprendendo a voalos.
Materiais necesarios: Períodicos e cañas de bambú.

Día: Sábado 11 de xullo
Hora: 10h
Lugar: Parque do Miño

AUGA

A auga, no seu estado líquido é o elemento que caracteriza o noso planeta. Imprescindible para a vida, infelizmente está sendo moi agredida polo estilo de vida actual.
Percorreremos nunha andaina as rúas de Lugo buscando as fontes de auga e seguiremos o trazado do acueduecto primitivo. Son moitas as nacentes que existen na cidade, pero que por causa dun urbanismo pouco respetuoso co medio natural foron clausuradas co paso do tempo.

Día: Sábado 18 de xullo
Hora: 10h
Punto de encontro: Pazo de San Marcos

TERRA

Cada día, a perda de solos fértiles é un fenómeno moi grave de deterioro ambiental en todo o mundo. A terra é a base e o sustento de toda a vida, mais tamén pode servir como material de construción ou para a fabricación de utensilios domésticos.
Visitaremos unha olería en Bonxe, e as barreiras de onde sacan esta materia prima.

Día: Domingo 26 de xullo
Hora: 10h

Reserva a túa praza!

Para todas as actividades é preciso reservar praza chamando ao 982240299 ou escribindo a adegalugo@adega.gal, indicando nome apelidos, e teléfono de contacto. As prazas son limitadas a 15 persoas, agás o obradoiro de fabricación de papaventos, que é de 10 persoas. 
Todas as actividades son de balde.

É necesario o uso de máscara en todas as actividades.

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Travesa dos Basquiños, 9-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal