ADEGA

Inicio / Novas / Todas / ADEGA apoia o manifesto contra o campionato de...

07-02-2020

ADEGA apoia o manifesto contra o campionato de caza do raposo deste sábado

ADEGA súmase ao manifesto asinado por máis dun cento de colectivos ecoloxistas e animalistas de ámbito estatal e autonómico contra o campionato de caza do raposo que se pretende desenvolver este sábado, día 8 de febreiro, en 4 concellos lucenses: Portomarín, Paradela, Guntín e Monterroso.

#MatarPorMatarNon
#StopCazaRaposo

Manifesto contra o Campionato de Caza do Raposo do día 8 de febreiro

O balance das últimas seis tempadas de caza amosa como máis de 75.000 raposos atoparon a morte en Galicia a mans de cazadores. Este mamífero é perseguido durante toda a tempada de caza menor, que dura de outubro a xaneiro, ademais doutros periodos nos que se permiten as batidas desde principios de setembro ata mediados de febreiro. Logo destes seis meses de persecución, que inclúen a súa época de celo, engádense días soltos de descastes durante o resto do ano. 

Ademais disto, cada ano en Galicia celébranse campionatos de caza de raposos nos que se matan todos os exemplares que se atopen nunha determinada zona no menor tempo posible, mediante o acurralamento  cos cans, o acoso e o disparo. 

O ano pasado, en este campeonato de Portomarín, participaron máis de 420 cazadores e mataron a case 40 raposos, moitas delas fémias xa preñadas porque é neste momento do ano cando a raposa está terminando a  súa época de celo. 

O raposo é un regulador necesario no medio natural, sanea as poboacións e limita a superpoboación doutros animais.  Con todo, o  seu papel no ecosistema  é absolutamente ignorado por  aqueles que deberían protexelo. 

Este acto de caza non só é inhumano e cruel, senón tamén é totalmente ilóxico e amosa unha enorme incomprensión e descoñecemento da ecoloxía básica.  A dieta do raposo presenta un marcado patrón latitudinal, estando a súa dieta no norte dominada por micromamíferos, froitos e sementes (Diaz, 2014). O raposo é INDISPENSABLE para controlar as poboacións de micromamíferos como a rata, o rato e o topillo pois é o seu principal depredador. Outra parte de su fonte alimentaria está baseada en invertebrados, moitos dos cales poderían crear superpoboacións se non fosen controlados por eles. Estes cánidos dispersan gran cantidade de sementes, polo que grazas a eles gozamos de maior biodiversidade vexetal e dun monte máis san. 

Ademais, a depredación de galiñas, perdices e codornices salvaxes por parte do raposo é sempre inferior ao 5% da súa dieta, e é na maioría dos casos algo ocasional (Barrul & Mate, 2005). Isto é o que se argumenta para xustificar a súa caza o alegar que a súa morte supón  un “control de predadores”,  que non se documenta. Así mesmo, o raposo é un dos principais carroñeros de Galicia, cunha tarefa crucial para o saneamento do campo, alimentándose de cadáveres que se non fose por eles poderían transmitir enfermidades graves ás persoas.

Como vemos, o raposo ten un papel crucial no ecosistema, a eliminación masiva dun depredador ten consecuencias nefastas na rede trófica e representa o aumento exponencial a curto plazo de especies que poden causar superpoboacións descontroladas. 

Estas batidas non están baseadas en ningún estudo de estima poboacional de raposos na zona e non se coñeze o número real de individuos. Por suposto, o campionato nunca podería ser unha forma de control. Dirixir un campionato de caza no que se trata de matar por matar e no que ademais poden participar os menores é inxustificable. Non está ben disfrazar de xestión do medio natural o que é lecer e negocio dunha minoría. 

Este ano está previsto de novo para o día 8 de febreiro outro campionato de caza de raposo no que se realizarán batidas en 4 tecores de Portomarín, 1 de Paradela, 5 de Guntín e 1 de Monterroso. Espéranse máis de 400 partricipantes. Ese día, por suposto, haberá cazadores por todo o monte e supoñerá un perigo tanto para todas aquelas persoas e cans que habitan a zona, como para aqueles que queiran pasar un día na natureza facendo un uso pacífico nela. 

Por isto, sumándonos as iniciativas de outros concellos (Poio, Pontevedra, 28/01/2020) e movimentos ciudadáns, levadas a cabo por todo o territorio, e  expresamos a través deste escrito a nosa totaldesaprobación de estas batidas e campionatos polas razóns anteriormente indicadas, pedindo aos concellos de Portomarín, Guntín, Paradela e Monterroso, que manifesten o seu rexeitamento ó campionato previsto para o 8 de febreiro e pidan á Xunta que non dé permisos para a sua realización. 

Tamén solicitamos a estes concellos que manifesten o seu rexeitamento a celebración destes campionatos no futuro, ó mesmo que fixo o concello de Poio, e soliciten a Xunta o cese dos permisos para as batidas do raposo no seu territorio. 

Consulta no documento apegado o texto completo e a listaxe de entidades e colectivos asinantes.

Descargas

Novas relacionadas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal