ADEGA

Inicio / Novas / Todas / Froitas e verduras de As Neves, marca Revitaliza

29-07-2019

Froitas e verduras de As Neves, marca Revitaliza

Veciñanza de As Neves xa comezan a obter compost para as súas hortas


ADEGA comezou o pasado 15 de outubro coa súa colaboración na implantación do Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra no Concello de As Neves.

A equipa técnica de ADEGA realizou dende o pasado 15 de outubro unha vintena de charlas informativas sobre o proceso da compostaxe individual nas 13 parroquias do Concello de As Neves na provincia de Pontevedra.

Ademais destas charlas realizadas ao amparo da entrega dos composteiros. realizáronse xa, neste tempo, preto de 900 visitas as vivendas que recolleron e instalaron o seu composteiro. Polo que podemos asegurar que a maioría das e dos participantes están compostando correctamente os seus residuos.

Despois de oito meses dende o inicio do proceso, comezase a ver os resultados. Xa se está a obter compost para poder engadilo nas hortas e xardíns. A implicación e satisfacción por parte das veciñanza é significativa.

Ademais de reducir o volume de residuos e mellorar a taxa de  separación selectiva, tamén se reduce o uso de fertilizantes químicos. O compost, obtido da compostaxe dos residuos orgánicos da vivenda, é un fertilizante con todos os nutrintes necesarios para as plantas. E así o están a comprobar a veciñanza das Neves.

 O persoal técnico do Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra continua realizando entregas de composteiros para aqueles veciños e veciñas que ainda non teñen o seu. Durante os vindeiros meses o persoal técnico de ADEGA seguiremos a recoller datos de temperatura e nivel de enchido nos composteiros así como aconsellando e asesorando sobre o correcto uso dos mesmos e uso do compost.    

Emma Castro. Educadora Ambiental ADEGA
628913005 emmacasfer@hotmail.com

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal