ADEGA

Inicio / Novas / Educación ambiental / Novo reparto de composteiros domésticos no...

07-03-2019

Novo reparto de composteiros domésticos no concello de Santiago de Compostela

ADEGA e a Concellaría de Medio Ambiente e Convivencia continuamos coa segunda fase do programa de compostaxe doméstica iniciado o ano pasado. Ademais de ampliar o número de participantes nas parroquias de Figueiras, Grixoa, Laraño e Villestro, o modelo estenderáse á Gracia e a Sabugueira.

Nesta segunda fase habilitarase unha app para mellorar o seguimento do programa, ter os composteiros xeolocalizados, e tamén en que fase do proceso de compostaxe se atopa cada un deles. Dende ADEGA faremos a formación e o seguimento dos composteiros, igual que na pasada edición.

Para participar no proxecto, é preciso cubrir o formulario dispoñible na web municipal e remitilo por e-mail á dirección medioambiente@santiagodecompostela.gal. O trámite tamén se pode realizar de maneira presencial na oficina de Atención á Cidadanía, na rúa de Galeras. http://santiagodecompostela.gal/e_santiago/tramites/tramite.php?txt=xestions&id_t=429&c=29&id=1&lg=gal

Ademais do programa de compostaxe doméstica, no concello hai instaladas 3 áreas de compostaxe comunitaria (Santa Marta, Salgueiriños e Galeras) e 7 centros de ensino están a compostar os seus restos orgánicos.

Dende ADEGA animamos á veciñanza compostelá a  participar neste proxecto, é preciso ter un anaco de terra para situar o composteiro de 320L. Deste xeito podemos aproveitar todos os  n osos residuos orgánicos, cunhas condicións axeitadas transformámolos en compost, materia orgánica que devolvemos ao solo. Ademais de ser moi cómodo, estamos reducindo a cantidade de residuos que transportamos e queimamos en SOGAMA facendo unha gran contribución á mitigación do cambio climático.

Máis info: María R. Lafuente 
compostaxe@adega.gal

Ligazóns

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal