ADEGA

Inicio / Novas / ADEGA Nacional / ADEGA no seminario ´Tres anos de REVITALIZA´

20-12-2018

ADEGA no seminario ´Tres anos de REVITALIZA´

ADEGA relata a súa experiencia más visitas e charlas no programa de compostaxe individual en As Neves no Seminario "Outra ollada na xestión local de residuos. Tres anos de REVITALIZA".

O pasado luns 17 de decembro celebrouse na Deputación Provincial de Pontevedra o seminario “Outra ollada na xestión local dos residuos, tres anos de REVITALIZA” co obxectivo de presentar a técnicos/as de distintas administracións, responsables de medioambiente e de xestión de residuos os resultados xerais da estratexia REVITALIZA como modelo na xestión de residuos orgánicos ata o momento actual e casos prácticos nos Concellos adscritos ao programa.

Dentro do programa do seminario e enmarcados na mesa redonda: Casos prácticos, o persoal técnico de ADEGA, explicou a súa experiencia no traballo de campo realizado dende o 15 de outubro até o día de hoxe. Resaltaron a importancia da implicación do persoal do Concello e do Revitaliza, así como deron mostrad un xeito xeral de que se estaban atopando nas visitas e charlas realizadas. Destacaron a boa acollida da veciñanza, a súa implicación co proxecto, e trasladaron aos presentes as dúbidas que a veciñanza tiña arredor do tema da separación e reciclaxe de residuos así como as eivas e principais problemas atopados.

Novas relacionadas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal