ADEGA

Inicio / Novas / Educación ambiental / Os bosques autóctonos, non as plantacións...

23-11-2018

Os bosques autóctonos, non as plantacións forestais, aliados contra o cambio climático

O 23 de novembro as entidades ecoloxistas celebramos o Día do Bosque Autóctono. Estes bosques son chaves para a loita contra o cambio climático, mais non todas as árbores son bosques. As plantacións forestais monoespecíficas, quer de eucalipto, mesmo agravan a situación: non só non contribúen a fixar carbono neto, senón que deterioran os servizos ecosistémicos (retención de auga, biodiversidade, fertilidade do solo, etc.)

Galiza ten un 1,4 millóns de hectáreas de superficie forestada, mais poucos destas masas son bosques autóctonos ben conservados. A substitución das masas forestais e hábitats de monte autóctono (matogueiras, turbeiras, pradarías...) por monocultivos de especies de crecemento rápido, promovidas pola patronal pasteiro-enerxética como “sumidoiros de carbono” e solución “verde” ao problema da mudanza climática, é unha falacia.

En Galiza coñecemos de primera man as consecuencias da substituir bosques autóctonos por monocultivos de especies de crecimiento rápido, quer o piñeiro ou o eucalipto. Temos máis superficie forestada que nunca, mais tamén a biodiversidade forestal, a fertilidade dos solos e a capacidade de retención da auga diminuíron. En paralelo, disparáronse os lumes forestais e a erosión fíxose máis intensa en amplas área de monte.

Deste xeito, o aumento da superficie forestal non ten redundado na millora dos hábitats naturais de bosque autóctono. Estas masas arboreas provintes de plantacións intensivas son moito menos biodiversas, apenas reteñen humidade e co problema dos lumes que traen aparellado, degradan o solo en troques de arrequecelo. Para nós, esta caste de plantacións forestais nunca poderán ter a consideración de bosques.
A este respeito, un recente artigo publicado en Science, conclúe que a sustitución das frondosas autóctonas por coníferas en Europa dende 1850 até a actualidade é unha das causas do aumento das temperaturas. Consideran un grave erro querer mitigar los efectos do cambio climático con cultivos forestais: o aceno hai que poñelo na redución das emisións!!

Polo que atinxe ao aproveitamento da biomasa forestal, outro dos obxectivos do colectivo monte-industria para os montes galegos e que está a supoñer unha nova vaga de forestación masiva con especies de crecemento rápido, tampouco achega solución algunha á loita contra a mudanza climática.
Máis ben ao contrario: unha manchea de científicos e científicas veñen de alertar sobre o uso masivo da biomasa forestal primaria, quer dos cultivos enerxéticos, para producir enerxía. Mesmo o proceso plantación, recolección e queima masiva de plantacións forestais en centrais de buiomasa podería xerar máis carbono por kw que algúns combustíbeis fósiles.

Por estas e outras consideracións é que promovemos unha ILP para a millora dos bosques autóctonos, a racionalización dos usos do monte e a loita contra os lumes forestais e a mudanza climática que o PP vén de rexeitar no Parlamento Galego.
A planificación da Xunta de Núñez Feijóo pasa por máis eucaliptos, máis biomasa e consecuentemente máis erosíón, incendios e secas. Xa estamos a sufrir os efectos desta política suicida, que en poucos anos farán de Galiza (se non o é xa) a “Galifornia” de Europa.

Novas relacionadas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal