ADEGA

Inicio / Novas / ADEGA Nacional / Reduce os residuos na túa casa, nas túas festas,...

30-10-2018

Reduce os residuos na túa casa, nas túas festas, no teu barrio!!

Dende ADEGA e a Mancomunidade de Concellos da Serra do Barbanza activamos un ano máis a promoción e realización  gratuíta de actividades relacionadas coas “3Rs”-Reducir,Reutilizar e Reciclar- e máis concretamente coa educación ambiental destinada a unha correcta  xestión de residuos. Por medio de diferentes camiños damos a coñecer o beneficio asociado a unha correcta xestión de residuos comezando pola base da xestión, a separación dos residuos e o seu correcto depósito.

Todos os concellos integrados  na Mancomunidade da Serra do Barbanza poden solicitar  formar parte das actividades relacionadas con este programa que desenvolve  ADEGA, como poden ser: obradoiros,  visita á  planta de compostaxe de Lousame, ambientación de festas….

ADEGA Con este programa de acción educativa ofrece unha nova visión da xestión de residuos que mellora os resultados obtidos a través da tradicional  xestión que se realiza no resto de concellos da Galiza. Tanto a través do ciclo natural que se produce no proceso de compostaxe dos residuos orgánicos que xeramos nos nosos fogares, no traballo ou centros de ensino como o aforro e beneficio que supón a reutilización dos residuos para un fin distinto ó que foron creados,  conseguimos a máis importante das 3 Rs, reducir os residuos. Consideramos que a reciclaxe debe ser o fin último dun residuo porque forma parte da economía circular.

Se formas parte da Mancomunidade de Concellos da Serra do Barbanza xa sexas un centro de ensino, unha asociación, un barrio ou mesmo  un concello non ó dubides : Contacta connosco e concerta unha actividade. As actividades teñen en conta as idades dos participantes e o lugar de realización adaptándose ás características concretas de cada grupo,

Quéreslle dar un toque diferente á festa do Samaín do barrio, precisas que este Nadal o teu pobo teña unha luz diferente?... Dalle un toque especial e ambientalízao cos “3Rs”, chama a ADEGA

Máis info http://www.adega.gal/info.php?id=43&idioma=gl&sec=99

Solicitar actividades:
http://www.adega.gal/media/documentos/olixobarbanza_dixital.pdf

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Travesa dos Basquiños, 9-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal