ADEGA

Inicio / Novas / ADEGA Nacional / Reparto de composteiros individuais en Santiago...

29-10-2018

Reparto de composteiros individuais en Santiago de Compostela

Continuando co proxecto de compostaxe doméstica co concello de Santiago de Compostela, o 25 de outubro fixemos un novo reparto na parroquia de Figueiras.

30 novas vivendas comezan a compostar os seus residuos orgánicos. O xoves 25-O á tardiña as persoas que solicitaron o composteiro asistiron a unha charla no local social impartida por educadoras ambientais de ADEGA, onde explicamos a problemática dos residuos na Galiza e as vantaxas de compostar os residuos orgánicos in situ.

Informamos do funcionamento do programa de educación ambiental e tamén o funcionamento do composteiro (que botar e que non, coidados e usos do compost). Ao rematar a charla as veciñas e veciños levaron o composteiro para as súas vivendas e dentro dun mes recibiran a primeira visita para comprobar que o proceso é correcto e resolver dúbidas que vaian surxindo.

Ainda está aberto o prazo para solicitar composteiros para as parroquias de Figueiras, Laraño e Villestro. Se vivides nalgunha destas parroquias e tendes horta ou xardín tendes  a posibilidade de solicitar un composteiro ao concello, deste xeito podedes reciclar todos os vosos residuos orgánicos e obter compost, un abono de calidade para a horta, deste xeito pechamos o ciclo da materia orgánica na vivenda.

Ligazón para solicitar o composteiro: http://santiagodecompostela.gal/tramite.php?txt=Medio_ambiente&id_t=429&c=&lg=gal

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Travesa dos Basquiños, 9-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal