ADEGA

Inicio / Novas / Todas / Un castro que funciona como aparcadoiro de...

07-08-2018

Un castro que funciona como aparcadoiro de autocaravanas en Barreiros

ADEGA e Mariña Patrimonio vimos de denunciar no SEPRONA a utilización do Castro da Punta de San Pedro de Benquerencia, no concello de Barreiros (Lugo), como aparcadoiro de autocaravanas...

Este castro é un ben patrimonial incluído no catálogo das Normas Subsidiarias de Planeamento do Concello de Barreiros e a súa cualificación urbanística é de solo non urbanizable de protección patrimonial. As Normas Subsidiarias de Planeamento do Concello de Barreiros outórganlle ao Castro de San Pedro unha proteccion que consideramos que non é compatible co uso que se lle está a dar actualmente como aparcadoiro de autocaravanas nin como lugar de tránsito destes vehiculos. Esta práctica podería estar provocando danos no xacemento.

Dado que as actividades que se están a realizar no Castro de San Pedro probablemente son contrarias á normativa urbanística e, ademais, poderían estarse levando a cabo sen contar coas correspondentes licenzas e autorizacións, solicitamos que se comprobe se o uso que se está a dar  no Castro da Punta de San Pedro é conforme á legalidade  e que, no caso de non selo, se paralicen as actuacións contrarias a dereito nun ben patrimonial  incluído no catálogo de bens protexidos polo planeamento urbanístico.

Contacto: 654173637 (Manuel Miranda)  
Máis fotos: https://www.flickr.com/photos/97739145@N05/albums/72157696707193052

Novas relacionadas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Travesa dos Basquiños, 9-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal