ADEGA

Inicio / Novas / ADEGA Nacional / Nova oferta de actividades de Educación Ambiental...

25-06-2018

Nova oferta de actividades de Educación Ambiental do programa ´O lixo dende o teu concello´

O programa “O lixo desde o teu concello” da Mancomunidade de concellos Serra do Barbanza oferta actividades de Educación Ambiental para  acadar unha  conciencia sobre a correcta separación dos  residuos dun xeito lúdico e agradable.
Coa chegada do verán presentámosvos a imaxe do novo folleto de actividades do programa de Acción educativa Serra do Barbanza.
Entidades culturais, comisións de festas, centros de ensino dos concellos de Brión, Lousame, Noia, Porto do Son, Muros, Ames, Pontecesures, Carnota e Rois poden solicitar actividades co propósito da mellora da separación selectiva en orixe.  

Unha actividade moi interesante para esta época de de festividades é a ambientalización de festas e/ou eventos. As celebracións non están reñidas co coidado do medio ambiente ademais son un bo lugar para visibilizar a correcta separación dos residuos. Nestas actividades poden participar persoas adultas e menores, o noso labor será de asesoramento e acompañamento e as accións a realizar son:
-Elaboración de cartaces coa sinalización dos contedores e como usalos.
-Reducción de plásticos

Ademais recordarvos que podedes solicitar calquera actividade do folleto como visitas á planta de compostaxe de Lousame. Aquí tendes a RELACIÓN DE ACTIVIDADES

A equipa de educación ambiental de ADEGA
Tlf: 981 57 00 99
E-mail: residuos@adega.gal

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal