ADEGA

Inicio / Novas / ADEGA Nacional / Compostaxe 1, vertedoiros 0: Denegada a...

23-05-2018

Compostaxe 1, vertedoiros 0: Denegada a autorización ambiental para o macrovertedoiro de Lousame!

A Xunta vén de denegar a autorización ambiental do macro-vertedoiro de Lousame, unha instalación para soterrar 1 millón de ton. de residuos ás portas da ría de Noia.

A D. X. de Calidade Ambiental e Cambio Climático rexeita o proxecto por "causar efectos negativos significativos sobre o medio ambiente", "contradicir o principio de promover a valorización fronte á eliminación" e por contar "cun forte rexeitamento social".

Esta era só unha das metástases da ateigada e insustentábel SOGAMA, que pretendía valerse de Lousame (como antes de Trazo -desistido-, e Ordes -pendente de resolución-), como "caixa B" para soterrar máis residuos, camuflándoos de "xestión ambiental". A ubicación deste macro-vertedoiro pretendía tamén vampirizar a planta de compostaxe da Mancomunidade Serra do Barbanza, ao situarse ao seu carón, e deteriorar a imaxe do sistema alternativo a SOGAMA que millores cifras de reciclaxe presenta de Galiza e boa parte do estado.

Dende ADEGA queremos de parabenizar á cidadanía, plataformas, confrarías e grupos políticos polo seu compromiso co ambiente, que demostra que a auto-organización e a mobilización social dan os seus froitos.
A pregunta é agora, onde aparecerá a próxima metástase e SOGAMA?

Ligazóns

Novas relacionadas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Travesa dos Basquiños, 9-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal