ADEGA

Inicio / Novas / Todas / O Parque Nacional dos Picos de Europa, o único...

05-04-2018

O Parque Nacional dos Picos de Europa, o único con lobos, quere agora cazalos

Manifesto: A agonía do Parque Nacional dos Picos de Europa

Este ano, o Parque Nacional Picos de Europa celebra 100 anos.
Este fito debe servir para que as administracións públicas realicen xestos dun maior esforzo na súa conservación. Lonxe diso, testemuñamos o que pode ser o anuncio da súa agonía.

A Dirección do Parque Nacional dos Picos de Europa enviou fai uns días ao Padroado un documento co título "Protocolo de regulamentación da poboación de lobo ibérico". Este documento está dirixido a validar a eliminación de lobos dun modo automático, permitindo as batidas como procedemento de eliminación de exemplares, no que ademais poden participar particulares alleos aos labores de vixilancia e xestión do propio parque. Estamos a falar, polo tanto, un "protocolo" que realmente ten a organización dun plan para o control da poboación de lobos, cun aire de plan cinexético baseado no establecemento de porcentaxes de animais a matar independentemente de que se produzan máis ou menos danos ao gando. A isto súmase o feito de que ao falar de "controis excepcionais", para engadir ás cotas fixas, queda ao criterio da Dirección do Parque interpretar que son os danos "intensivos e reiterados".

A caza é unha actividade prohibida nos Parques Nacionais e Picos de Europa foi, ata hai pouco, o único Parque Nacional con lobos na Península Ibérica. E que? Parecen exclamar os que estan a impulsar estas (des)medidas.

Esta unanimidade, este acordo entre as tres administracións implicadas no Parque -Asturias, Cantabria e Castela e León, aínda sorprende máis cando asistimos ao precedente da proposta en decembro de 2017 que fixeron as tres comunidades para cambiar o réxime de xestión corrente do Parque Nacional, o que viría supoñer de facto a creación de tres Parques Nacionais. Cada un con seu propio director, cun persoal propio e os seus propios obxectivos de xestión. Queremos separarnos, pero para matar lobos estamos de acordo.

As entidades asinantes queremos expresar o noso rexeitamento absoluto ao protocolo presentado. Cremos que o Servizo Nacional de Parques debería presentar un novo documento sobre a protección da especie no Parque Nacional que inclúa propostas para mellorar o sistema de pago de danos, de medidas preventivas e xestión gandeira e de seguimento e investigación sobre a especie, entre outras.
Do mesmo xeito, de seguir así a xestión dos lobos e en xeral a conservación do patrimonio natural do Parque Nacional, expresamos a nosa vontade de elevar a instancias estatais e internacionais a denuncia do que, a todas luces, é unha violación dos principios de conservación dun espazo natural excepcional.
A deriva na xestión do Parque Nacional Picos de Europa é a máis triste comemoración do centenario do primeiro Parque Nacional que foi declarado en España, e non estamos dispostos a permitilo.

4 de abril de 2018

60 entidades conservacionistas, ecoloxistas, animalistas e científicas subscreben este manifesto

ENTIDADES DE ÁMBITO ESTATAL
Plataforma para la Defensa de la Cordillera Cantábrica
Asociación para la Conservación y Estudio del Lobo Ibérico – ASCEL
Ecologistas en Acción
Fundación Oso Pardo - FOP
Fundación Naturaleza y Hombre - FNyH
Grupo de Rehabilitación de la Fauna Autóctona y su Hábitat – GREFA
Observatorio Justicia y Defensa Animal
Asociación Conservacionista “La Manada”
RedMontañas
Asociación Reforesta
ASTURIAS
Asociación Asturiana d’Amigos de la Naturaleza - ANA
Coordinadora Ecoloxista d’Asturies
Ecoloxistas n’Aición d’Asturies
Geotrupes
Grupu d’Ornitoloxía Mavea
Coordinadora Ornitolóxica d’Asturies - COA
Asociación Prolobos Asturias
Asociación Biodevas
Colectivo Ecologista de Avilés
Asturies Tierra de Llobos
Salternavia
SOS Cuideiru
LEÓN
Asociación para el Estudio y Protección de la Naturaleza “Urz”
Asociación Mortera Verde
Asociación de Estudios Ornitológicos de El Bierzo "Tyto Alba"
Asociación Cabrera Natural
Ecologistas en Acción de León
Filón Verde
CANTABRIA
Asociación para la Defensa de los Recursos Naturales de Cantabria - ARCA
Ecologistas en Acción de Cantabria
EUSKADI
Grupo Lobo Euskadi / Euzkadiko Otso Taldea
Asociación Ecologista Otsoaren Taldea
Haritzalde Naturzaleen Elkartea
Grupo Alavés para la Defensa y Estudio de la Naturaleza – GADEN
Otsoaren Taldea Zalla
GALICIA
Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza – ADEGA
Colectivo Matogueira
Grupo de Estudios dos Animais Salvaxes – GEA
Sociedade Galega de Historia Natural
Sociedade Galega de Ornitoloxía
Habitatq-Birding
Verdegaia
PALENCIA
Asociación de Naturalistas Palentinos
Asociación Ecologista La Braña
Ecologistas en Acción de Palencia
VALLADOLID
Asociación para la Conservación y Estudio de la Naturaleza – ACENVA
BURGOS
Mesa Eólica de Las Merindades
Asociación Canis Lupus Signatus
Asociación Lobo Kuma
Asociación Somos Manada Burgos
ZAMORA
Asociación Zamorana de Ciencias Naturales
Llobu Ecoturismo y Medio Ambiente
Asociación para el Estudio de las Montañas CRYOSANABRIA
Colectivo El Huerto del Pozo
Pangea Verde
SALAMANCA
Salamanca Natural
ÁVILA
Grupo de Estudios Ambientales “Galérida Ornitólogos”
MADRID
Asociación Ecologista de Montes – ETSI Montes, Forestal y Medio Natural
Plataforma SOS Pedriza – Madrid
ANDALUCÍA
Amigos del Lobo de Sierra Morena

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Travesa dos Basquiños, 9-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal