ADEGA

Inicio / Novas / Todas / ADEGA e a Consellería de Medio Ambiente renovan o...

29-03-2017

ADEGA e a Consellería de Medio Ambiente renovan o convenio do Proxecto Ríos

A presidenta de ADEGA e coordenadora do Proxecto Ríos Virginia Rodríguez vén de asinar coa Conselleira de Medio Ambiente Beatriz Mato o convenio de colaboración que dota de orzamento ao Proxecto Ríos.
Na actualidade, o Proxecto Ríos conta arestora con 359 grupos de voluntarios/as que implican a participación de máis de 3.600 persoas no estudo e conservación dos ríos. Trátase da iniciativa de voluntariado ambientale custodia do territorio máis numerosa e veterana de Galiza.
Este convenio permitirá desenvolver actividades de capacitación do voluntariado fundamentais para acadar unha participación activa da cidadanía na conservación dos ecosistemas fluviais. Son xa 13 anos xa de traballo continuo, ao longo de tres lexislaturas e con governos de moi distinta cor política, os que avala o valor e o interese deste proxecto colectivo de custodia fluvial, que pretende -e está a conseguir- unir ríos e persoas.

Ligazóns

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal