ADEGA

Inicio / Novas / Educación ambiental / ADEGA continua co programa "O lixo dende o teu...

22-02-2017

ADEGA continua co programa "O lixo dende o teu concello"

A Mancomunidade de concellos da Serra do Barbanza ten un sistema propio de xestión de residuos, un sistema que xira en torno a unha planta de compostaxe: priorízase a reciclaxe da fracción orgánica. Para isto é imprescindible unha boa separación acompañada dun programa educativo que estamos a desenvolver dende ADEGA.

Calquera concello, asociación, agrupación ou centro de ensino da mancomunidade pode solicitar un obradoiro para traballar a temática do lixo.

Este sistema de tratamento do lixo necesita unha cidadanía concienciada. Veciños e veciñas que coñezan a importancia da separación en orixe e que practiquen condutas proambientais para a redución, reutilización e reciclaxe.

Dos tres sistemas de xestión de residuos que conviven na Galiza o sistema do Barbanza é o que está a acadar mellores resultados en canto a taxa de reciclaxe. Chega ao 32% de recuperación de materiais, o cal é tres veces superior á taxa de reciclaxe de SOGAMA, mais aínda podemos facelo mellor.

Con sistemas baseados na compostaxe é posible chegar a reciclar o 80% dos materiais. O proxecto educativo é de vital importancia para manter estas cifras de reciclaxe e aumentalas.

Máis información:
981570099
residuos@adega.gal

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Travesa dos Basquiños, 9-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal