ADEGA

Inicio / Novas / ADEGA Nacional / ADEGA entregou hoxe os Premios de Foto, Relato e...

28-12-2016

ADEGA entregou hoxe os Premios de Foto, Relato e Curta polo Territorio de 2016

Nesta edición presentáronse a concurso 70 fotografías, 53 relatos e 10 curtametraxes polo Territorio.

ADEGA entregou hoxe os premios da VI Convocatoria dos Concursos de fotografía, relato e curtametraxes polo Territorio, que se enmarca na campaña de ADEGA por unha ordenación sostible do territorio galego "Ponte no medio. Móvete polo Territorio". A entrega dos galardóns ás persoas premiadas e finalistas nas categorías adulta e xuvenil tivo lugar no Salón de Actos da Deputación de Lugo coa presenza dos membros dos distintos xurados, da organización ecoloxista ADEGA e da delegada de Cultura, Deseño e Artesanía da Deputación provincial de Lugo, Pilar García Porto.

É xa o sexto ano que ADEGA premia a sociedade galega por retratar o estado actual do territorio galego a través da imaxe e da palabra. Nesta VI edición dos Concursos de fotografías e de relatos e V Edición do Certame de curtametraxes presentáronse 70 fotografías de 30 participantes, 53 relatos de 52 participantes e 10 curtametraxes de 10 participantes, procedentes de diversos concellos de toda a xeografía galega: Ourense, Brión, A Estrada, Lugo, Arbo, Abadín, Santiago de Compostela, Lalín, Pontecesures, Burela, Vigo...

Como nas anteriores edicións, esta iniciativa contou co apoio da Área de Cultura da Deputación de Lugo.

A continuación indicamos cales foron as persoas galardoadas e finalistas de 2016.

VI Concurso FOTOGRAFÍAS POLO TERRITORIO

1º Premio fotografía adulta- Sen título

CATEGORÍA ADULTA:

  • 1º Premio:
-"Sen título" de José Izquierdo León (Burela). 200 euros e diploma.
  • Finalistas:
-“Encadrado” e “Parque Eucaliptalde Victor Hermida Valeiro (A Coruña). Diploma. 

-“Patilonga sobre vermello” e “Alieníxenas no meu barriode José Antonio Campos Martínez (Vigo). Diploma.
 
CATEGORÍA XUVENIL:
  • 1º Premio:
-"Made in Galiza" de Eva Fernández Gil (Arbo). 150 euros e diploma.
  • Finalistas:
-“Derradeira ponte” e “Liberdade” de Rocío Rego Sierra (Abadín). Diploma.

-“Fábricas” e “Corredera” de Ángel Giraldez Varela. Diploma.

VI Concurso O LUGAR ONDE VIVO (Relatos)

CATEGORÍA ADULTA:

  • 1º Premio:
-"Ás veces, Bonaval" de Lois Blanco Araúxo (Teo). 250 euros e diploma.
  • Finalistas:
-Conta o meu pai” de Rocío Cadahía Fernández (Cambre). Diploma.

-“Apocalipse 2038. O gardián do infernode Beatríz Pérez González (Amoeiro). Diploma.

CATEGORÍA XUVENIL:
  • 1º Premio Ex-aequo:  O xurado estimou que as dúas obras eran merecedoras do premio e considera que debe repartirse o premio entre as dúas autoras:
-“Supermarcos” de María Carballido Cerqueiro. 100 euros e Diploma. 

-“Quen son eu de María Rozados Balboa (A Estrada). 100 euros e Diploma.
  • Finalistas:
-“O lugar onde vivo” de Lúa Carpintero Sánchez (Santiago, IES Antonio Fraguas). Diploma.

-“O noso tesouro” de Ainhoa Pereiras Mosquera (A Estrada, IES García Barrios). Diploma.  

-“O lugar onde vivo” de Antía Domínguez Castro (Santiago, IES Antonio Fraguas). Diploma.

-“Tan belo...Tan fráxil...de Sandra Ferreiro García (A Estrada, IES García Barrios). Diploma.

V Concurso E TI, QUE É O QUE VES? (Curtas)

CATEGORÍA ÚNICA:

  • 1º Premio:
-"Atmósfera cotiá" de Millán Castro. 250 euros e diploma.
  • 2º Premio:
-"Os xeranios do señor Alfonso" de Alumnado do CPI Virxe da Saleta e David González Gómez (San Cristovo de Cea). 150 euros e diploma.
  • Finalistas:
-"Canción da hora na que ladran os cas" de Marina Chiavegatto. Diploma.

-"Buxaina" de Noa García Peiteado. Diploma.

-“Salvemos Catasós” do Alumnado do obradoiro de televisión do IES Laxeiro(Lalín). Diploma.

Ligazóns

Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal