ADEGA Cadernos

Subscríbete

ADEGA-Cadernos é unha revista que publica artigos de investigación e revisión científico-técnica sobre calquera das temáticas do eido ambiental, a ecoloxía e o desenvolvemento sustentábel, que fagan referencia ao ámbito galego ou ao global. Desde 1995 a 2012 publicou 21 números monográficos sobre diferentes temas de interese e actualidade ambiental galega e internacional.

En 2013 iniciamos a publicación na edición dixital, e faremos un novo esforzo para recuperar a periodicidade prevista de dous números anuais. Coa posta en marcha deste novo medio agardamos mellorar a calidade da publicación e especialmente o alcance e distribución da mesma. A edición dixital será completada coa edición impresa para atender as subscricións que así o tiveren solicitado. Os/as subscritores/as deben ter en conta que a edición impresa pode non incluír todos os contidos publicados na edición dixital.

Neste Formulario podes realizar a túa subscrición á versión impresa de ADEGA- Cadernos e elixir a modalidade de pagamento.

O prezo indicado abaixo corresponde á subscrición aos seguintes 4 números de ADEGA-Cadernos. Se prefires unha subscrición continuada, recomendamos que domicilies o pago.

Lembra que se te fas socio/a de ADEGA, terás un 50% de desconto na subscrición aos ADEGA-Cadernos. Asóciate premendo AQUÍ.



Os campos marcados con * son obrigatorios

Formulario de subscrición

Tipo de subscritor/a:*


ADEGA Cadernos
Travesa de Basquiños, nº 9 baixo. 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email:adega@adega.gal